Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación da contratación da subministración sucesiva de ordenadores tipo 2B para os talleres dos centros de ensino secundario dependentes desta consellería. (Expediente 25/2003SU).

En cumprimento do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se indica de seguido:

-Contratación de subministración sucesiva de ordenadores tipo 2B para os talleres dos centros de ensino secundario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (expte. 25/2003SU).

Adxudicatario: lote 1: QED Systems, S.L.

Orzamento: 225.424,92 euros.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2003.

Néstor Valcárcel Teijeiro

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria