A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato, e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase, de se-lo caso, con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2003.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Guía de actuación en urgencias prehospitalarias: 16,8 euros.