Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de novembro de 2003 pola que se conceden axudas económicas para alumnos e profesores de centros docentes que participen en proxectos de mobilidade transnacional no marco do programa europeo de formación profesional Leonardo da Vinci durante o ano 2003.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de xuño de 2003, convocáronse axudas económicas para alumnos e profesores de centros docentes que participen en proxectos de mobilidade transnacional no marco do programa europeo de formación profesional Leonardo da Vinci durante o ano 2003.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 5 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.481.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional as axudas que se relacionan no anexo.

Segundo.-De acordo co artigo 7 as axudas serán aboadas da seguinte forma:

As axudas aboaranse unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica e entrega da memoria de actividades por parte da entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, achegando a documentación á que fai referencia o punto 2º do artigo 8, no prazo máximo dun mes contado a partir do remate das actividades.

Terceiro.-Obrigas dos beneficiarios.

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta esta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúa:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.

3.2. Xustificación dos gastos efectuados.

No caso de centros educativos, unha certificación do Consello Escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada das facturas e recibos que servirán de xustificantes do proxecto realizado.

No caso de centros de formación continuada do profesorado, certificación do director/a pola que se aproba o gasto, xuntando unha relación detallada das facturas e recibos que servirán de xustificantes do proxecto realizado.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

CENTRO ESCOLARPROVINCIATÍTULO DO PROXECTOPAÍS

DE DESTINO

AXUDA CONCEDIDA

IES FONTIÑASA CORUÑAEUROPEAN SECRETARIESREINO UNIDO

BÉLXICA

10.434

IES LUIS SEOANEPONTEVEDRAF.A.P.E.ALEMAÑA,

FRANCIA,

MALTA,

IRLANDA

1.129

IES RIBEIRA

DO LOURO

PONTEVEDRAELECTRONIC COMMERCE SKILLS DEVELOPTMENT IN EUROPEIRLANDA

MALTA

5.638,75

IES RIBEIRA

DO LOURO

PONTEVEDRATRAINING FOR A HIGHER TECHINCIAN IN ECOMMERCEMALTA687

IES MELIDEA CORUÑAMOVILIDAD EN EL ÁMBITO DE LA MADERAALEMAÑA981,64

IES PORTA

DA AUGA

LUGOAUTOTRAINERITALIA4.392

IES PORTA

DA AUGA

LUGOBOOMERANGITALIA3.400

IES TEISPONTEVEDRASPA PLACEMENTSSUECIA1.295

IES TEISPONTEVEDRAHAIRDRESSING &BEAUTYTHERAPY IN EUROPESUECIA679,60

IES TEISPONTEVEDRABODYCARE IN SPAS 2002HOLANDA5.258

IES TEISPONTEVEDRABODYCARE IN SPAS 2001HOLANDA840

IES ESCOLAS PROVALPONTEVEDRAESCOLAS PROVAL EN EUROPAFRANCIA,

ITALIA,

REINO UNIDO

9.667

TOTAL

44.401,99