Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de licencias para a renovación do sistema antivirus corporativo da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 7970/2003, do Servicio de Patrominio e Contratación).

Obxecto: subministración de licencias para a renovación do sistema antivirus corporativo da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Diputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 37.300,00 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Diputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Diputación Provincial da Coruña