Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.880

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 17 de setembro de 2003, da Dependencia de Recadación de Málaga, de notificación de providencia de constrinximento.

Por este edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire, non deron sido atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para se facer cargo delas, fáiselles sabe-lo seguinte:

Notifícaselles ós debedores conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que ó non ter sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria o órgano competente arriba indicado acordou:

En uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquida a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento.

Datos do contribuínte: Arte Indonesio, S.L.

(B29836095), Ur. Torrenueva, 327, Mijas.

Concepto/descrición/obx. trib.: recadación sancións transportes OU.

Clave liquidación: C1100003320040240.

Importe: 180,30.

D. prov. const.: 3-6-2003.

-Recursos.

Recurso de reposición ante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que se poidan simultanear ámbolos recursos.

-Motivos de impugnación.

O procedemento de constrinximento poderase impugnar polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

Pagamento ou extinción da débeda.

Prescrición.

Aprazamento.

Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.

Defecto formal no título expedido para a execución.

-Suspensión do procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro).

-Solicitude de aprazamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase adiar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.

A presentación das solicitudes de adiamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio no que se deba efectua-lo pagamento.

-Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa da delegación Administración da AEAT.

-Xuros de demora.

As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 de Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

-Custas.

En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración repercutirá o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

-Prazos para efectua-lo ingreso.

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

a) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil posterior.

b) Recibida a notificación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

-Comparecencia do interesado.

Advírteselle ó debedor que pode comparecer, por si mesmo ou por medio de representante, no expediente executivo que se lle segue. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio, se comparece-lo interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

Málaga, 17 de setembro de 2003.

Juan Manuel Moreno Ruíz

Xefe do servicio da Dependencia de Recadación

de Málaga