Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Xunqueira de Ambía.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento de adxudicación: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 49.866,30 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación: Secretaría do Concello. Teléfono: 988 43 60 69. Fax: 988 43 60 40. Data límite: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista: os establecidos con carácter xeral nos artigos 15, 16, 19, 20 e 197 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.

-Prazo: quince días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG.

Se ese día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o seguinte día hábil.

-Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Xunqueira de Ambía, situado na Praza San Rosendo 1, de Xunqueira de Ambía (Ourense), CP 32670, das 9.00 ás 14.00 horas.

9. Apertura de ofertas: no salón de sesións da Casa do Concello de Xunqueira de Ambía ás trece horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que

remate o prazo de presentación de proposicións (se o devandito día coincide en sábado, a apertura terá lugar o seguinte día hábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Xunqueira de Ambía, 24 de outubro de 2003.

O alcalde

Rubricado