Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (expediente 8265/411).

O Pleno do concello, en sesión do 29 de setembro de 2003, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 1 do Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, (expediente 8265/411), de acordo coa documentación presentada, redactada polos servicios técnicos do Consorcio da Zona Franca de Vigo, asinada polo arquitecto Arturo Conde Aldemira, con visados do COAG con datas do 18 de marzo, 2 de maio (plano nº 5) e 19 de maio (plano nº 8) de 2003, que incorpora, ademais, de conformidade co disposto no acordo de aprobación inicial, un proxecto de amoreamentos das terras de desmonte.

Segundo.-Procédase, no prazo máximo dun mes desde a data deste acordo de aprobación definitiva, á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, no BOP, o documento que contén a normativa e ordenanzas.

Terceiro.-De acordo co disposto no artigo 92.3º da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, comuníquese o acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia; déselle, á vez, traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con tódolos planos e documentos que integran o plan, debidamente dilixenciados polo secretario do concello e fágase constar no anuncio de aprobación definitiva a remisión da documentación á consellería».

O que se publica para o xeral coñecemento e de conformidade co artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, facendo constar neste anuncio a remisión á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia debidamente autenticada do expediente administrativo composto de 68 folios e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que a integran.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencio

so-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común por medio deste anuncio, e a publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar.

Vigo, 8 de outubro de 2003.

Mauricio Ruiz Ceniceros

Vicepresidente da Xerencia de Urbanismo