Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do día 15 de setembro de 2003, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior de Concheiros, Cotaredo, San Lázaro, no ámbito da área de execución número 1, promovida por Predios Gallegos, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 86.1º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

De acordo co previsto no citado artigo 86.1º a) indícase de seguido a relación dos titulares que figuran no catastro e no rexistro da propiedade:

CatastroRexistro da propiedade

Referencia catastralTitularTitular

83843-03Predios Gallegos, S.L.Predios Gallegos, S.L.

83843-04Francisco Juan Suárez SuárezNon consta

83843-05Ramón Suárez NúñezNon consta

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, ós propietarios que non poidan ser notificados individualmente por resultar descoñecido o seu paradoiro.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde