Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, na sesión do 29 de outubro de 2003, aprobou, o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que van rexe-lo expediente de contratación de subministración mediante concurso por procedemento aberto, tramitación urxente, para á adquisición dun vehículo todo terreo equipado para a loita contra incendios, modelo IPV M 14.22, URO F3-21.14.09 ou outro de similares características.

Anúnciase concurso conforme as seguintes prescricións:

Entidade adxudicadora: Concello de Quiroga.

Organismo: Comisión de Goberno.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.

1. Obxecto do contrato.

Compra dun vehículo todo terreo equipado para a loita contra incendios, modelo IPV M 14.22, URO F3-21.14.09 ou outro de similares características conforme o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas.

2. Lugar de execución: Municipio de Quiroga. Prazo de execución: entrega do vehículo antes do 20 de xaneiro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: contía 127.020 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: equivalente ó 2% do orzamento do contrato base da licitación na forma prevista no prego de cláusulas administrativas.

Definitiva: 4% e segundo o prego de cláusulas administrativas e TRLCAP.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Quiroga.

b) Domicilio: rúa Real nº 52.

c) Localidade e código postal: Quiroga 27320.

Teléfono: 982 42 80 01.

Telefax: 982 42 88 08.

Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas e no prego de prescricións técnicas.

7. Presentación das ofertas.

Data límite da presentación: rematará ós 13 días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do anuncio no BOP e no DOG, o que sexa posterior.

Documentación que hai que presentar: a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Quiroga.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Quiroga, 29 de outubro de 2003.

Julio Álvarez Núñez

Alcalde