Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de outubro de 2003, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relaciona acordo de liquidación derivado de acta de desconformidade (AOZ) pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (José Antonio Ferro Cid).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de liquidación derivado de acta de desconformidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na r/ Progreso, 38 ent. Ourense, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 13 de outubro de 2003.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Intersado: José Antonio Ferro Cid.

DNI: 34975377J.

Enderezo: estrada Granxa 16-3º D, 32005 Ourense.

Procedemento: acordo liquidación derivado da acta desconformidade (AOZ) 32/2003/00005-0054.