Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de outubro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona proposta de resolución de expediente sancionador por infracción tributaria grave pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Iglesias Montes, Lidia).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segúndo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase proposta de resolución de expediente sancionador por infracción tributaria grave, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8-3ª planta Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 13 de outubro de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesada: Iglesias Montes, Lidia.

DNI: 34931817-S.

Enderezo: Urzáiz, 36-1º B, Vigo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exercicio: 1999.