Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.866

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE PAMPLONA

EDICTO (514/2003).

Antonio Fernández Ayesa, secretario do Xulgado do Social número un de Pamplona/Iruña, fai saber que por resolución dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de Íñigo Senosiain Oliver contra Seguranza Norte, S.L., Inversiones Convergentes, S.L. y Fogasa, en reclamación por cantidade, rexistrado co nº 514/2003 acordouse cita-la parte demandada que se encontra en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día dezasete de novembro de dous mil tres ás 13.00 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo.

Estes actos terán lugar na sala de vistas do Xulgado do Social número un sito na rúa San Roque, s/n, 1ª planta, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Co obxecto de practicar proba de confesión xudicial, deberá comparecer persoalmente o demandado e, se se trata de persoas xurídicas privadas, a persoa que teña a súa representación legal, que o acreditará con exhibición de escritura ou poder notarial, coa advertencia de que no caso de incomparecencia inxustificada ou que rexeitase declarar ou persistise en non responder afirmativa ou negativamente, pódeselle ter por confeso.

E para que sirva de citación ás demandadas Inversiones Convergentes, S.L. e Seguranza Norte, S.L., con domicilio na avda. da Hispanidade 57, oficina 8 de Vigo, expídese esta cédula.

En Pamplona/Iruña, 13 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado