Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 415/2003 por instancia de Bruno Gallo Busto contra empresa Solpro, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:
«Na cidade da Coruña o 13 de outubro de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta citada, viu os presentes autos de xuízo número 415/2003, seguidos por instancia de Bruno Gallo Busto, maior de idade, asistido polo letrado Constantino Lage Ferrón, contra a empresa Solpro, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.
Seguen feitos e fundamentos de dereito.
Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Bruno Gallo Busto a contra empresa Solpro, S.L., condenado a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 8.886,11 euros polos conceptos reclamados na demanda, mailo 10% de xuros por demora.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra ela, só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.
E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 13 de outubro de 2003.
O secretario xudicial
Rubricado