Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.865

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (354/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 354/2003 seguidos por instancia de José Francisco Calvo Rama contra Solpro, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 3 de outubro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por José Francisco Calvo Rama, debo declarar e declaro o dereito do actor a percibi-la cantidade de 3.627 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno á empresa Solpro, S.L. a que estando e pasando por tal declaración aboe ó actor a cantidade de 3.627 euros en concepto de salarios máis o 10% de xuros por mora desde a data do seu correspondente devengo.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por simple manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anunciar o recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Solpro, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Oleoducto, 13-A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 3 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado