Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003 pola que se convocan unhas xornadas sobre a aplicación do imposto sobre o valor engadido ás entidades locais.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2003, e a través do Centro de Estudios Locais de Galicia, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre a aplicación do imposto sobre o valor engadido ás entidades locais, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Análise exhaustiva das consecuencias prácticas da aplicación do imposto sobre o valor engadido ós servicios e actividades das entidades locais, desde a perspectiva fiscal, orzamentaria, contable e de xestión.

Segunda.-Contido.

Trataranse estes temas:

O feito impoñible do imposto sobre o valor engadido e os servicios públicos locais. O feito impoñible

do IVE e a actividade municipal dos entes locais. Determinación da base impoñible, do tipo de gravame e da cota tributaria do IVE. A aplicación da regra do pro rata. A obriga de expedición de facturas. Réxime de declaracións do IVE. Réxime orzamentario e contable do IVE nas entidades locais. O procedemento recadatorio municipal e o IVE.

Terceira.-Destinatarios.

Persoal ó servicio da Administración local galega, da Xunta de Galicia e interesados en xeral.

Cuarta.-Desenvolvemento.

Horario: mañá e tarde.

Lugar e data: as xornadas convocada desenvolverase no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, r/ San Marcos, 8, Lugo, os días 25 e 26 de novembro de 2003.

Quinta.-Inscrición.

Prazo: remata o martes día 21 de novembro de 2003.

Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

Nº de prazas: limitado á capacidade do local.

Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 24 de novembro, de 8.30 a 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 57 ou 981 54 62 56.

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Entregaráselles ó remate desta xornada a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a ela, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública