Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta acordo de contratación da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Maderas Iglesias, S.A.

Vista a acta acordo de contratación da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Maderas Iglesias, S.A., con nº de código 3603612, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-8-2003, subscrita pola comisión negociadora do convenio, con data do 17-7-2003. De conformidade co disposto no artigo 90, 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de setembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Maderas Iglesias, S.A.

17 de xullo de 2003.

13.30 horas.

Sala de reunións de Sanguiñeda (Mos).

Membros do comité de empresa:

Troncoso Vila, Laura.

Álvarez García, Pedro.

Molares Rivas, Vicente.

Puentes Graña, Jaime.

García Carrera, Enriqueta.

Varela Redondo, Manuel.

Maderas Iglesias:

Manuel Maneiro.

Rafael Martínez.

Invitados:

Conselleiro delegado, J. Ramón Iglesias Álvarez.

Asesor do comité de empresa, Sr. Melón.

Asesor da empresa, Sr. Castro.

Asuntos tratados:

1. Compromiso de conversión de contratos eventuais en indefinidos.

As partes asinantes do convenio colectivo de Maderas Iglesias, S.A. acordan a conversión de contratos eventuais en contratos indefinidos ata acada-los seguintes porcentaxes de persoal indefinido sobre o total do cadro de persoal durante os seguintes anos:

-Ano 2003, ata 45 contratos indefinidos.

-Ano 2004, ata o 55%.

-Ano 2005, ata o 60%.

-Ano 2006, ata o 65%.

2. Remitaran esta acta á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para os efectos da publicación no boletín oficial compentente.