Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.842

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Asientos de Galicia, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Asientos de Galicia, S.L., con nº de código 3603772, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-9-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data do 1-8-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º,

do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de setembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedcra

Convenio colectivo da Asientos Galicia, S.L.

2003-2006

Capítulo I

Ámbito, vixencia e estructura

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación exclusivamente no centro de traballo situado no Polígono Industrial de Beade/Valladares.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio será de aplicación a todo o persoal do cadro de persoal existente no momento da súa sinatura e a todo aquel que se incorpore con posterioridade a esta.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día seguinte á súa publicación no diario oficial correspondente, se ben os seus efectos económicos se retrotraerán ó día 1 de xaneiro de 2003; finalizando a súa vixencia o 31 de decembro de 2005.

Artigo 4º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio non precisará denuncia ningunha, considerándose denunciado ó seu vencemento de forma automática. En tanto non se substitúa o seu contido por outro convenio do mesmo rango, quedará prorrogado ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións establecidas neste convenio, serán compensables e absorbibles en cómputo anual con calquera outras existentes no momento da súa entrada en vigor, gozadas de forma individual.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Non obstante o disposto no artigo anterior, as condicións económicas gozadas individualmente que excedan por tódolos conceptos e en cómputo anual das previstas neste convenio respectaranse ad personam, pasando a integra-lo complemento persoal do traballador.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible e para efectos da súa aplicación serán consideradas globalmente e en termos anuais.

Para o caso de que a xurisdicción laboral declarase ilegal algún artigo deste convenio, unicamente se verá afectado este naquilo que se fose alterado pola autoridade xudicial.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 8º.-Organización.

A organización de traballo, de acordo co previsto neste convenio, correspóndelle ó empresario, quen a levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control de traballo e das ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes.

No suposto de que se delegasen facultades directivas, esta delegación farase de modo expreso, de maneira que sexa suficientemente coñecida, tanto polos que reciban a delegación de facultades, como polos que despois serán destinatarios das ordes recibidas.

As ordes que teñan en por si o carácter de estables deberán ser comunicadas expresamente a tódolos afectados e dotadas de suficiente publicidade.

A organización do traballo ten por obxecto alcanzar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na óptima utilización dos recursos humanos e materiais. Para este obxectivo é necesaria a mutua colaboración das partes integrantes da empresa: dirección e traballadores.

A representación legal dos traballadores velará porque no exercicio das facultades antes aludidas non se conculque a lexislación vixente.

Artigo 9º.-Absentismo.

A dirección da empresa e a RLT conscientes do prexuízo ocasionado á productividade polo absentismo do persoal, acordan establecer e verificar políticas progresivas e permanentes encamiñadas á reducción dos índices de absentismo actuais.

Artigo 10º.-Calidade.

A calidade dos productos obtidos como consecuencia da prestación dos servicios laborais dos traballadores da empresa, responderá ás condicións fixadas por esta e de acordo coas instruccións que para tal fin se instrumentasen. A dirección da empresa e a RLT, tendo en conta a importancia vital que

o concepto calidade ten no sector en que se encontra encadrada a empresa, convén a implantación de políticas encamiñadas á consecución dunha mellora continua da calidade, en especial as derivadas dos principios do Sistema Excelencia Faurecia.

Artigo 11º.-Sistema productivo.

O sistema productivo implantado na empresa é o denominado MTM e realizado en xusto a tempo para a atención ó cliente. O rendemento óptimo é o que se corresponde co nivel de actividade 100 MTM, que se corresponde coa actividade 111 da escala centesimal 100-133 e co 66,6 na escala Bedaux 60-80. Percíbese unha retribución do 11% do salario base, que se denomina incentivo.

Establécese unha comisión paritaria de tempos, formada por tres membros da dirección e tres membros do comité de empresa, co obxecto de tratar todo o relacionado coa aplicación dos tempos productivos, a dita comisión dictará o seu propio regulamento de funcionamento.

Capítulo III

Xornada de traballo

Artigo 12º.-Duración e distribución.

A xornada de traballo será de 1.768 horas de traballo efectivo en cómputo anual para o ano 2003, 1.760 para o ano 2004, 1.758 para o 2005.

Para efectos da súa distribución consideraranse non laborables os días 24 e 31 de decembro de cada ano.

O calendario laboral será elaborado anualmente pola dirección da empresa e a RLT, despois de coñece-lo calendario do cliente, adecuando a distribución das xornadas á distribución marcada polo noso cliente, debendo estar aprobado, en todo caso, antes do 30 de abril de cada ano. Determinado o calendario, este poderá verse modificado de acordo coas modificacións do calendario do cliente, co obxecto de mante-la actividade just in time.

Artigo 13º.-Ordenación do tempo de traballo.

A) Quendas de mañá e tarde:

1. Establécese a habilitación, se o cliente o require e a empresa o considera necesario, de sábados laborables en quenda de mañá; estes sábados, de carácter voluntario, terán unha retribución equivalente a un incremento do 75% sobre o valor da hora ordinaria, ou unha compensación de (35,49) (*) euros, máis un día de descanso.

2. A empresa, en caso de non poder cubrir con voluntarios unha quenda de traballo de sábado, despois de ter esgotadas tódalas posibilidades de voluntariedade e sempre que se trate dunha quenda productiva en sincro e informando previamente o comité de empresa, determinará as medidas necesarias que garantan a subministración ó cliente. Esta circunstancia soamente poderá darse nun máximo de 10 sábados por traballador e ano.

3. Quedarán salvagardados aqueles casos que, por razón de índole familiar ou persoal, estean encadrados no punto 2 deste artigo.

* Este valor será o correspondente á diferencia entre o (custo de hora extra x 8 horas)- (custo de día de descanso).

B) Quenda de noite: disposición transitoria

Artigo 14º.-Horarios de traballo.

O traballador deberá encontrarse en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo, coa súa correspondente indumentaria, ó toque de sirena ou outro sistema establecido.

A xornada anual de traballo realizarase mediante a asignación do traballador ás seguintes modalidades e quendas de traballo:

a) Xornada partida: de luns a venres

* Mañá:

-8.30.

-13.00.

-Flexibilidade de œ h na entrada e saída.

* Tarde:

-15.30.

-18.30.

-Flexibilidade de œ h na entrada e saída.

Na elaboración do calendario anual e sempre por acordo entre a dirección e a RLT poderá acordarse para este colectivo de traballadores unha prolongación da xornada diaria nos meses de verán co obxecto de libra-los venres pola tarde. Para tal efecto, realizarase en cada departamento unha correquenda cos traballadores afectados que permita garanti-las necesidades da empresa os venres pola tarde.

b) Xornada continuada: de luns a venres, con rotación semanal e co seguinte horario:

* Primeira quenda (mañá):

-De 6.00 a 14.00 horas.

* Segunda quenda (tarde):

De 14.00 a 22.00 horas

c) Xornada continuada: de luns a venres en quenda fixa e co seguinte horario de referencia:

* Terceira quenda (noite):

-De 22.00 a 6.00 horas.

Non obstante, a banda horaria indicada, polo que respecta ós traballadores con contrato a tempo parcial, esta quenda soporta a prestación da xornada laboral de forma irregular en canto á hora de finalización da xornada de traballo; quedando esta referida ás necesidades puntuais e diarias de subministración ó noso cliente.

O descanso semanal nesta quenda, polo que respecta ós traballadores con contrato a tempo parcial

realizarase como mínimo os sábados de cada semana e ata o inicio da quenda do domingo ou do luns, en réxime de traballo de 5 ou 6 días á semana segundo calendario de subministración ó cliente.

Os descansos para o bocadillo e outras pausas industriais manteranse nos mesmos termos que se viña realizando, sen que o descanso para o bocadillo, aínda que retribuído, teña consideración de xornada efectiva de traballo.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias, aquelas que excedan da duración da xornada ordinaria, non considerándose para tal fin as realizadas como consecuencia da distribución irregular da xornada. A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponde á empresa, sendo de libre aceptación polo traballador, excepto as que teñan a súa causa en forza maior nos termos establecidos no presente convenio.

Son horas extraordinarias de forza maior, aquelas que se realicen motivadas por un acontecemento extraordinario orixinado por causas alleas á propia actividade empresarial: incendio, inundación, explosión, derrubamento, etc.

Son horas extraordinarias estructurais, aquelas que se realicen motivadas para atender pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade.

A ditas horas realizaranse atendendo ó principio de igualdade de oportunidades de tódolos traballadores da sección que deba prolonga-la súa xornada.

As ditas horas compensaranse segundo o establecido no anexo I ou en tempo equivalente de descanso.

As horas extraordinarias aboaranse de acordo á seguinte fórmula:

(Salario base x 14) + (incentivo x 12) + C.A.

H. extras = x 1,75

Horas efectivas de traballo

C. A. = complemento de antigüidade consolidada

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións serán sempre coincidentes en canto á súa data de aproveitamento coas do calendario do noso cliente. O calendario laboral será elaborado anualmente pola dirección da empresa e o comité de empresa despois de coñece-lo calendario do cliente, debendo aprobarse, o calendario laboral, antes do 30 de abril. Por calquera modificación das datas de aproveitamento das vacacións posterior ó establecemento destas, as partes reuniranse para levar a cabo as modificacións pertinentes en canto ó sistema e datas de aproveitamento das vacacións regulamentarias, garantindo o que establece o artigo 38.3º do Estatuto dos traballadores.

A duración das vacacións será de 24 días laborables. O aboamento das vacacións estará composto por salario base, complemento de antigüidade con

solidada, a media do incentivo cobrado nos últimos tres meses e a mellora voluntaria se a houbese.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade temporal terá dereito ó aproveitamento destas ou da parte pendente sempre que cause alta antes da fin de ano natural.

O período de percibo das vacacións é do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

Artigo 17º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:

a) 16 día naturais en caso de matrimonio do traballador /a.

b) 3 días laborables en caso de nacemento de fillo, adopción e acollemento.

c) 15 días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe e fillos.

d) 5 días naturais no suposto de falecemento de pais.

e) 3 días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, pais políticos, fillos políticos e irmáns políticos.

f) 2 días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos, e pais políticos, circunstancias que deberán ser xustificadas fidedignamente.

g) 1 día natural no suposto de traslado de domicilio.

h) O tempo necesario no caso de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo co horario de consulta co de traballo sexa prescrita a dita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador á dirección o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas ó ano.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal convencional un período determinado, haberá que aterse ó que dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

j) 1 día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

k) 1 día natural en caso de falecemento de tíos en grao de consanguinidade co traballador.

No suposto c) e d), se o traballador precisase desprazarse a unha distancia superior a 150 km, concederáselle un día natural máis.

Nos supostos e) e f) se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra de Galicia, concederánselle dous días naturais máis.

En caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, a empresa poderá conceder un permiso sen retribuír ata un período de 10 días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade.

Todo o anteriormente exposto neste artigo será de aplicación para as parellas de feito fidedignamente acreditadas e inscritas no rexistro público correspondente.

Capítulo IV

Emprego e contratación

Artigo 18º.-Contrato de traballo.

O contrato de traballo será subscrito entre empresa e traballador por escrito, con entrega a este dun exemplar dentro dos 15 días seguintes á súa incorporación, con acordo a calquera dos modelos aprobados por disposición de carácter normativo, que necesariamente deberá ser comunicado na oficina de emprego.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo profesional ou categoría na que queda encadrado o traballador, e en todo caso, o contido mínimo do contrato.

Considérase como contido mínimo do contrato a fixación nel da identificación completa das partes contratantes; da localización xeográfica e denominación, se é o caso, do centro de traballo ó que queda adscrito o traballador; do domicilio da sede social da empresa; do grupo, nivel ou categoría profesional, especialidade, oficio ou posto de traballo en que quede adscrito o traballador; da retribución total anual inicialmente pactada e a expresión e a identificación do convenio colectivo aplicable.

Entregarase unha copia básica dos contratos que se formalicen por escrito á representación dos traballadores.

1. A empresa notificaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo, a copia básica dos cales foi entregada, así como as denuncias correspondentes a estes.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns, especialistas: 2 semanas.

No non regulado haberá que aterse ó disposto no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

2. Contrato para o fomento da contratación indefinida:

As partes asinantes deste convenio acordan declarar vixente e de aplicación a Lei 12/2001 e 64/1997, do 9 de xullo, que regula estes contratos.

Artigo 19º.-Contratación temporal e a tempo parcial.

A política de A.D.G. en canto á contratación é fomenta-la estabilidade no emprego sempre e cando as circunstancias do mercado así o permitan. Por

iso, durante a vixencia do vixente convenio, a dirección comprométese a alcanza-la proporción do 65% do cadro de persoal con contratación indefinida o 31-12-2003, do 67% o 31-12-2004 e do 70% o 31-12-2005.

Terase en conta a situación especial dos traballadores da quenda de noite para establece-las oportunas preferencias para pasar á quenda de día.

-Contrato a tempo parcial.

O contrato a tempo parcial é aquel que se concerta para realizar unha xornada laboral inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo.

Os traballadores con contrato a tempo parcial que presten os seus servicios en quenda de noite, sen prexuízo do complemento de nocturnidade previsto no artigo 35 deste convenio, percibirán unha retribución do 8% do salario base en concepto de complemento voluntario.

Os traballadores con contrato a tempo parcial de carácter indefinido poderán realizar horas complementarias en adición ás horas ordinarias pactadas no seu contrato de traballo. A súa realización terá como tope máximo o 60% das pactadas no contrato, non podendo exceder do límite legalmente establecido.

O traballador deberá coñece-lo día e hora da realización das horas complementarias na semana anterior á súa realización.

Os traballadores con contrato a tempo parcial que presten os seus servicios na quenda de noite fixa terán dereito cando a xornada coincida cun domingo á percepción dun complemento do 25% sobre o salario base.

-Contrato eventual de duración determinada por circunstancias de mercado, por acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Estes contratos, regulados no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores terán a duración máxima recollida no convenio colectivo sectorial do metal da provincia de Pontevedra.

-Contrato de obra e servicio.

Este contrato ten por obxecto a contratación dunha obra ou servicio determinado con autonomía e substantividade propia, dentro da actividade normal da empresa.

Artigo 20º.-Formación.

A empresa considera a formación como un dos elementos claves na súa estratexia de desenvolvemento e consolidación dos próximos anos, xa que ten como obxectivo o perfeccionamento profesional do conxunto do persoal e a súa adaptación ós continuos cambios tecnolóxicos e organizativos.

Estes cursos a asistencia ós cales é voluntaria, se se realizan fóra da xornada laboral, terán un complemento en concepto de axuda de custo de 7 euros, máis 3,5 euros por cada hora de formación, para iso será necesario a confirmación da asistencia

mediante control de sinaturas establecido no procedemento de formación. Cando a formación se realice a continuación da quenda e non exceda œ hora, o valor total que se vai percibir será de 3,5 euros e non haberá lugar á axuda de custo.

Os cursos de formación establecidos pola empresa serán tidos en conta para efectos das promocións profesionais internas. Crearase unha comisión de seguimento da formación, integrada por 3 representantes dos traballadores con presencia no comité, e outros tantos por parte da empresa. Esta comisión coñecerá o procedemento e plan de formación. Trimestralmente a empresa proporcionará á RLT información do grao de cumprimento do dito plan.

Artigo 21º.-Empresas de traballo temporal.

A empresa unicamente poderá recorrer a traballadores postos a disposición nos casos en que sexa necesaria a substitución dos contratados directamente a causa de incapacidade temporal, licencias, vacacións e tamén nas situacións de absentismo laboral.

En todo caso, o número de traballadores postos á disposición por empresas de traballo temporal non poderá exceder da porcentaxe de absentismo que exista neste momento.

Cando o número destes traballadores supere o 6% do cadro de persoal, a empresa comunicará ó comité de empresa os datos de absentismo e as súas causas co obxecto de busca de accións ou medidas correctivas que se van tomar para reduci-lo alto índice de absentismo.

Ademais, e co obxecto de evitar na medida do posible a excesiva rotación de man de obra baixo esta modalidade de prestamismo laboral, a empresa asume o compromiso de non formalizar con empresas de traballo temporal contratos de posta a disposición de menos de sete días de duración.

Artigo 22º.-Aviso previo finalización de contrato.

Á finalización do contrato de traballo a empresa notificará o cesamento ó traballador por escrito con 15 días de antelación á data de finalización nos contratos de duración superior ou igual a 6 meses. Por cada día de non aviso previo, a empresa aboará o salario diario correspondente.

Os traballadores que voluntariamente desexen abandona-la empresa están obrigados a notificarllo a esta cumprindo os seguintes prazos:

-Técnicos: 30 días.

-Operarios e administrativos: 15 días.

O incumprimento dos ditos prazos por parte do traballador dará lugar a que a empresa deduza da súa liquidación e saldo un día de salario por cada día de falta de aviso previo.

Aínda que o traballador asinase o saldo, este non perderá o dereito a percibi-lo que a empresa teña que aboar en concepto de revisións atrasos ou calquera outro tipo de variación na retribución que corresponda ó tempo en que o traballador prestou os seus servicios.

Artigo 23º.-Indemnización de contratos non indefinidos.

A empresa aboará ós traballadores con contratos non indefinidos polo concepto de indemnización unha compensación de eventualidade equivalente ó importe de 20 días de salario por ano traballado. Esta indemnización será percibida polo traballador cando finalice o seu contrato eventual aínda que cese voluntariamente ou fose despedido.

Capítulo V

Clasificación profesional

Artigo 24º.-Grupos e niveis profesionais.

Tódolos traballadores e traballadoras afectados por este convenio serán adscritos a un determinado grupo profesional. Debido a que a implantación deste sistema de clasificación profesional supón un estudio pormenorizado das funcións e tarefas de cada posto, e que ADG deberá adaptarse ás normas do grupo Faurecia e o seu sistema organizativo, queda aprazado o acordo sobre clasificación profesional.

Capítulo VI

Mobilidade funcional

Artigo 25º.-Mobilidade funcional.

Con suxeición ás regras e requisitos do artigo 39 do Estatuto dos traballadores, o cambio de posto de traballo na empresa debe estar presidido polos criterios de polivalencia e participación do comité de empresa.

Polo que respecta á polivalencia, a esixencia de que o traballador poida desempeñar unha pluralidade de funcións correspondentes a distintos postos de traballo dentro do mesmo grupo profesional, considérase un elemento da máxima transcendencia na formación profesional e adaptabilidade do cadro de persoal e na resposta ás esixencias da producción. Nesta liña, o cambio de funcións pode repercutir na consecución de perfís máis polivalentes.

Sendo unha cuestión de interese común de empresarios e traballadores, o comité de empresa debe ser informado por escrito e cunha antelación suficiente, de alomenos cinco días, de tódolos cambios de posto de traballo que impliquen unha alteración substancial dos cometidos anteriormente desempeñados, co fin de que poida ser oído pola dirección da empresa antes da posta en práctica da mobilidade funcional.

Para efectos salariais, haberá que aterse ás consecuencias previstas no convenio, tanto individuais como colectivas.

Capítulo VII

Excedencias

Artigo 26º.-Excedencia por coidado de fillos e familiares.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a 3 anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza

como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como pre-adoptivo, contado desde a data de nacemento ou, se é o caso, de resolución xudicial administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia non superior a 1 ano, os traballadores para atender ó coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse en por si, e non desempeñe actividade retribuída.

A dita excedencia constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante se 2 ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, a dirección poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o seu inicio dará fin ó que, se é o caso, se viñese gozando.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo.

Artigo 27º.-Excedencia voluntaria.

Os traballadores cunha antigüidade de alomenos un ano terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a 2 anos e non maior de 5.

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada á dirección cun mes de antelación como mínimo á data en que se necesite comezala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da dirección efectuarase tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polos traballadores cun mes de antelación á data de finalización do aproveitamento da excedencia. A notificación farase por escrito.

Notificada a incorporación nas condicións indicadas o traballador será admitido nas mesmas condicións que rexían no momento da iniciación da excedencia.

Capítulo VIII

Seguridade, hixiene e saída laboral

Para a designación dos servicios de prevención, delegados de prevención e comité de seguridade e saúde haberá que aterse ó disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Artigo 28º.-Seguridade e hixiene no traballo.

Os traballadores afectados por este convenio quedan obrigados a respectar tódalas normas internas relativas á prevención de riscos laborais, recomendación das fichas de risco de cada posto de traballo, en todo caso a respectar sempre a norma de non fumar dentro das instalacións de ADG excepto nas áreas de descanso habilitadas para iso.

A dirección garantirá a tódolos traballadores unha formación teórica e práctica, suficiente e adecuada, en materia preventiva, tanto no momento da súa contratación, calquera que sexa a modalidade ou duración desta, coma cando se produzan cambios nas funcións que desempeñe ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo.

A formación deberá estar centrada especificamente no posto de traballo ou función de cada traballador, adaptarse á evolución dos riscos e á aparición doutros novos e repetirse periodicamente, se fose necesario.

A formación a que se refire punto anterior deberá impartirse, sempre que sexa posible, dentro da xornada de traballo ou, no seu defecto, noutras horas pero co desconto naquela do tempo investido nesta. A formación poderá ser impartida pola empresa mediante medio propios ou concertándoa con servicios alleos, e o seu custo non recaerá en ningún caso sobre os traballadores.

Artigo 29º.-Vixilancia da saúde e recoñecemento médico.

A empresa garantiralles a tódolos traballadores a vixilancia e protección da súa saúde en relación ó posto que desempeñe.

Para iso, sen prexuízo doutras medidas, garantiráselles ós traballadores a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ó traballo.

Artigo 30º.-Protección á maternidade.

En caso de embarazo, se as condicións de traballo puidesen aumenta-lo risco de aborto ou malformación do feto, a traballadora terá dereito a cambiar de posto de traballo que non implique risco para a saúde da nai e/ou do feto, tomando en consideración as posibilidades técnicas organizativas da empresa. Igualmente terá dereito a acumula-lo período de lactación de acordo co regulado legalmente no Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Roupa de traballo.

A dirección dotará o seu persoal das adecuadas pezas de roupa de traballo.

O persoal de M.O.D. e o de M.O.I. que dea servicio directo á producción percibirán dous equipos completos consistentes en: 2 pantalóns, 2 camisetas, 2 camisas, 2 cazadoras e 1 par de botas ou zapatos de seguridade.

O persoal que traballe á intemperie será provisto de roupa de abrigo e de chuvia necesaria.

O persoal administrativo e técnico percibirá dúas batas cada ano ou unha bata e un niki. O seu uso será obrigatorio para a estadía dentro do área de planta taller. Se os ditos traballadores tivesen que realizar algún labor no taller que así o requira serán provistos de botas ou zapatos de seguridade.

Estes equipos serán entregados dunha soa vez no primeiro trimestre do ano natural e ó inicio da contratación.

Capítulo IX

Percepcións económicas

Artigo 32º.-Salarios.

Os salarios para o ano 2003 son os reflectidos no anexo I e inclúen un incremento para tódalas categorías ou niveis profesionais dun 12% sobre o salario base do ano 2002 do convenio colectivo do metal da provincia de Pontevedra.

Os salarios para o ano 2004 terán un incremento do 7,5% sobre os salarios do ano 2003.

Os salarios para o ano 2005 terán un incremento do 7,5% sobre os salarios do ano 2004.

-Revisión salarial.

Se o IPC previsto polo Goberno para cada ano de vixencia deste convenio tivese variación con respecto ó real, efectuarase unha revisión salarial con carácter retroactivo.

Para alcanza-los ditos incrementos, deberán cumprirse os obxectivos de productividade marcados polo grupo Faurecia para Asientos De Galicia, S.L.

Artigo 33º.-Conceptos salariais.

Considérase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en diñeiro ou en especie, pola prestación profesional dos servicios laborais, por conta allea.

As percepcións económicas en diñeiro que neste convenio se reflictan enténdense en todo momento como percepcións brutas.

-Pagas extras.

Existirán dúas pagas extraordinarias de percibo semestral que se aboarán, unha en xullo e outra en decembro.

O persoal que preste os seus servicios en xornada reducida ou a tempo parcial percibirá as ditas gratificacións extraordinarias no importe correspondente ó tempo efectivamente traballado.

-Salario base.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, percibirán en concepto de salario base o valor establecido para cada categoría ou nivel profesional no anexo I. Distribúese en 14 pagas.

-Incentivo á producción.

O valor deste incentivo é o indicado no anexo I para as categorías profesionais que se indican. A súa percepción está supeditada á M.O.D., ó colectivo de mantemento e calidade fabricación ou á M.O.I. con desempeño de incidencia directa na montaxe - fabricación como é o caso de carreteiros, aprovisionadores de almacén. Para o colectivo de mantemento e calidade fabricación o cobramento do dito incentivo será con efectos a partir da data da sinatura deste convenio.

-Complemento transporte.

Todo o persoal percibirá por día efectivamente traballado en concepto de complemento de transporte a cantidade que se reflicte no anexo I.

Para os anos 2004 e 2005 sufrirá o mesmo incremento que as táboas salariais.

Artigo 34º.-Traballo nocturno.

Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as 22.00 horas e as 6.00 horas da mañá. Os traballadores que teñan dereito a percibir suplemento de nocturnidade, percibirán unha bonificación do 25% sobre o salario base que figura na táboa base do anexo I.

Artigo 35º.-Baixas por enfermidade común ou accidente de traballo.

A prestación por IT derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional complementarase ata alcanza-lo 100% da base de cotización do mes anterior á data de baixa desde o primeiro día.

No suposto de IT por enfermidade común ou accidente non laboral con hospitalización, o traballador percibirá o complemento ata alcanza-lo 100% do seu salario desde o primeiro día da baixa. Para ter dereito a esta mellora o traballador deberá demostrar documental e o internamento nun centro hospitalario.

Artigo 36º.-Desprazamentos.

Cando por necesidades da empresa o traballador tivese que realizar un desprazamento ou viaxe, terá dereito ó establecido nas condicións da normativa interna do grupo Faurecia e, en todo caso, se o desprazamento o realizase co seu vehículo propio, o traballador recibirá unha compensación con valor de 0,26 euros por quilómetro. O dito importe manterase estable durante a vixencia deste convenio. Para demais desprazamentos, haberá que aterse ó disposto na normativa do grupo Faurecia.

Artigo 37º.-Pagamento do salario.

A liquidación mensual de retribucións determinarase con base nas mensualidades de 30 días para todo o persoal tanto do taller como das oficinas. Tódalas percepcións, excepto as de vencemento superior ó mes, aboarase mensualmente por períodos vencidos e dentro dos cinco primeiros días naturais do mes seguinte ó seu percibo.

Capítulo X

Disposicións varias

Artigo 38º.-Seguro colectivo.

A empresa concertará un seguro colectivo de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, durante a vixencia deste convenio, mediante póliza que cubra as seguintes indemnizacións:

Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total: 20.000 euros.

Accidente laboral ou común con resultado de morte, invalidez absoluta ou gran invalidez: 30.000 euros.

A repercusión na cobertura da póliza pola diferencia do incremento que se produce, entenderase con efectos a partir de 30 días despois da sinatura deste convenio.

Para o persoal de nova incorporación a póliza de seguros establecida neste artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador. O traballador facilitará o nome e apelidos da persoa beneficiaria.

Artigo 39º.-Fondo social de préstamos.

Crearase un fondo social de préstamos durante a vixencia deste convenio para o persoal de A.D.G., que ascenderá á contía total de 36.000 euros, percibirá o xuro legal do diñeiro, que fixe o Banco Europeo e destinarase con preferencia á compra ou reforma da vivenda habitual.

Nomearase unha comisión xestora integrada por un representante de cada central sindical, e un representante da dirección, a dita comisión terá a potestade de administra-lo fondo e para tal efecto elaborará criterios que se van aplicar para a concesión dos préstamos, e a forma prazos de devolución.

Cada préstamo deberá estar documentado cun contrato de préstamo, quedando ligado á existencia de relación laboral entre A.D.G. e a persoa que o recibe.

Artigo 39º bis.-Desconto cliente.

A empresa asume o compromiso de dirixirse ó cliente coa finalidade de obter prezos especiais para os traballadores para a compra de vehículos fabricados por este.

Capítulo XI

Réxime disciplinario

Artigo 40º.-Código de conducta.

Este acordo sobre o código de conducta laboral ten por obxecto o mantemento do ambiente laboral respectuoso coa normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e lexítimos intereses dos traballadores e empresarios.

A dirección da empresa poderá sanciona-las accións ou omisións culpables dos traballadores que supoñan un incumprimento contractual dos seus deberes laborais de acordo coa graduación de faltas que se establecen nos artigos seguintes.

Correspóndelle á dirección da empresa, en uso da facultade de dirección, impor sancións nos termos estipulados neste acordo.

A sanción das faltas requirirá comunicación escrita ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron. Asemade, a dirección dará conta á R.L.T. de toda sanción por falta grave ou moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o seu cumprimento temporal poderá dilatarse ata 60 días despois da data da súa imposición.

Artigo 41º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometida polos traballadores clasificarase en atención á súa transcendencia ou intención en: leve, grave ou moi grave.

Artigo 42º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo de ata tres ocasións nun período dun mes.

b) A inasistencia inxustificada dun día ou traballo no período dun mes.

c) Non notificar con carácter previo, ou se é o caso, dentro das 24 horas seguintes, a inasistencia ou traballo, salvo que se probe a imposibilidade de telo podido facer.

d) O abandono do servicio ou do posto de traballo sen causa xustificada por períodos breves de tempo, se como consecuencia diso se ocasionase prexuízo dalgunha consideración nas persoas ou nas cousas.

e) As deterioracións leves na conservación ou no mantemento dos equipos e material de traballo dos que se fose responsable.

f) A desatención ou falta de corrección no trato cos clientes ou provedores da empresa.

g) Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio, sempre que estes poidan ocasionar algún tipo de conflicto ou prexuízo á empresa.

h) Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia do traballador que teñan incidencia na Seguridade Social ou na Administración tributaria.

i) Todas aquelas faltas que supoñan incumprimento de prescricións, ordes ou mandatos dun superior no exercicio regular das súas funcións, que non comporten prexuízos ou riscos para as persoas ou as cousas.

j) A inasistencia ós cursos de formación teórica ou práctica, dentro da xornada ordinaria de traballo, sen a debida xustificación.

k) Discutir cos compañeiros/as, cos clientes ou provedores dentro da xornada de traballo.

Artigo 43º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de tres ocasións no período dun mes.

b) A inasistencia non xustificada ó traballo de dous a catro días, durante o período dun mes. Abondará unha soa falta cando esta afectara ó relevo dun compañeiro/a ou se, como consecuencia da inasistencia, se ocasionase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

c) O falseamento ou omisión maliciosa dos datos que tiveran incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

d) Entregarse a xogos ou distraccións de calquera índole durante a xornada de traballo de maneira reiterada e causando, con iso, un prexuízo ó desenvolvemento laboral.

e) A desobediencia ás ordes ou mandatos das persoas de quen se depende organicamente no exercicio regular das súas funcións, sempre que iso ocasione ou teña unha transcendencia grave para as persoas ou as cosas.

f) A falta de aseo e limpeza persoal que produza queixas xustificadas dos compañeiros de traballo e sempre que previamente mediante a oportuna advertencia por parte da empresa.

g) Suplantar a outro traballador/a, alterando os rexistros e controis de entrada ou saída ó traballo.

h) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á boa marcha del, sempre que diso non se derive prexuízo grave para as persoas ou as cousas.

i) A realización sen previo consentemento da empresa de traballos particulares, durante a xornada de traballo, así como o emprego para uso propios ou alleos dos útiles, ferramentas, maquinaria ou vehículos da empresa, incluso fóra da xornada de traballo.

j) A reincidencia na comisión de falta leve (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado sanción.

k) Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores/as que se manifeste en ofensas verbais ou físicas, falta de respecto á intimidade ou á dignidade das persoas.

l) A embriaguez ou o estado derivado do consumo de drogas durante o traballo.

m) Fumar en calquera das zonas do taller, incluída a área de almacén.

Artigo 44º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de dez ocasións durante o período dun mes, ou ben máis de vinte nun ano.

b) A inasistencia ou traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros/as de traballo como á empresa ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase que existe infracción laboral, cando, encontrándose en baixa o traballador/a por calquera das causas sinaladas, realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén terá a consideración de falta moi grave toda manipulación efectuada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

e) O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada aínda por breve tempo, se a consecuencia deste se ocasionase un prexuízo con

siderable á empresa ou ós compañeiros de traballo, puxese en perigo a seguridade ou fose causa de accidente.

f) A habitabilidade na embriaguez ou o estado derivado do consumo de drogas, se supón alteración nas facultades físicas ou psicolóxicas no desempeño das funcións.

g) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada confidencialidade da empresa.

h) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

i) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal ou pactado.

j) Os malos tratos de palabra ou obra, a falta de respecto e consideración ós seus superiores ou ós familiares destes, así como ós seus compañeiros/as de traballo, provedores e clientes da empresa.

k) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que as faltas se cometan no período de dous meses e fosen obxecto de sanción.

l) A desobediencia ás ordes ou mandatos dos seus superiores en calquera materia de traballo, se implicase prexuízo notorio para a empresa ou os seus compañeiros/as de traballo, salvo que sexan debidos ó abuso de autoridade. Terán a consideración de abuso de autoridade, os actos realizados por directivos, xefes ou mandos intermedios con infracción manifesta deliberada ós preceptos legais, e con prexuízo para o traballador/a.

m) Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral, ou se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

n) O consumo de drogas nas instalacións da empresa.

Artigo 45º.-Réxime de sancións.

As sancións máximas que poderán ser impostas pola comisión das faltas sinaladas son as seguintes:

a) Por faltas leves: amoestación por escrito.

b) Por faltas graves: amoestación por escrito. Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días.

-Despedimento.

Artigo 46º.-Prescrición.

Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben ós seguintes días:

-Faltas leves: dez días.

-Faltas graves: vinte días.

-Faltas moi graves: sesenta días.

A prescrición das faltas sinaladas empezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

Capítulo XII

Dereitos sindicais

Artigo 47º.-Garantías sindicais.

Nesta materia haberá que aterse ó previsto na Lei orgánica de liberdade sindical, Estatuto dos traballadores e demais normas de aplicación.

Artigo 48º.-Reunións do comité de empresa.

Cada mes reunirase o comité de empresa e a dirección desta, co obxecto de trata-los asuntos que as partes consideren do seu interese.

Capítulo XIII

Condicións obrigatorias

Artigo 49º.-Comisión paritaria.

Para todo aquilo derivado da aplicación deste convenio, establécese unha comisión paritaria composta por tres membros do comité de empresa e tres membros en representación da dirección. Pola súa vez, cada unha das partes poderá acudir co asesoramento que estime oportuno. Obrigatoriamente haberá que acudir á comisión paritaria previamente a someterse a calquera outra instancia xudicial ou extra xudicial en caso de conflicto relativo á interpretación deste convenio.

En caso de discrepancia entre ambas partes, establécese a obrigatoriedade de acudir ó sistema de mediación establecido no AGA (Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo). Así mesmo poderá ser acordado polas partes en conflicto o sometemento á arbitraxe do AGA.

Artigo 50º.-Paz laboral.

Durante a vixencia deste convenio, as partes asinantes comprométense a mante-la paz laboral existente, sen que iso impida o exercicio dos dereitos que consideren oportunos.

Disposicións adicionais

Primeira.-Dereito supletorio.

O disposto neste convenio ten carácter prevalente sobre o establecido nos convenios de carácter supletorio deste, tanto en canto á súa estructura, como en canto ós importes económicos establecidos.

No non previsto neste convenio de empresa, haberá que aterse ó disposto no convenio colectivo do sector do metal da provincia de Pontevedra, salvo naquelas materias que as partes expresamente exclúan neste convenio.

Segunda.-Aquelas cláusulas contractuais individuais que entren en contradicción co establecido no artigo sobre ordenación do tempo de traballo quedarán derrogadas á sinatura deste convenio.

Disposicións transitorias

Primeira.-Mentres non se desenvolva o sistema de clasificación profesional previsto no artigo 24º, rexerá o sistema do vixente convenio provincial do metal.

Segunda.-Ámbalas dúas partes contemplan a necesidade de reorganiza-la xornada da quenda de noite, para paliar na medida do posible os problemas laborais e organizativos que provoca a probable fluctuación de pedidos por parte da empresa cliente.

Para tal fin, estudiaranse solucións, que deberán decantarse nun acordo que se asinará antes do 31 de decembro de 2003, presidido polos seguintes principios.

1º Preferencia pola utilización de contratos a xornada completa.

2º Toma en consideración das necesidades de adaptación da empresa ás fluctuacións que orixinan os requirimentos da empresa cliente.

3º Necesidade de establecer un sistema de descansos compensatorios para os traballadores que excedan a xornada pactada contractualmente ou por este convenio colectivo.

Terceira.-A dirección da empresa apoiará a construcción dunha gardería infantil para a utilización dos fillos/ as dos traballadores das empresas instaladas no polígono industrial onde se encontra emprazada

ANEXO I

Datos salariais 2003

CategoríaSalario baseIncentivoNocturnidadeHoras extrrasH. ext. noct.

H.ext. fest.

Complemento transporte

Enxeñeiros e licenciados1.706,01426,503,85
Enxeñeiro técnico1.541,38385,343,85
Xefe taller1.303,96325,993,85
Capataz especialistas890,8492,36222,7115,0718,843,85
Téc. organización 1ª1.021,38255,353,85
Téc. organización 2ª943,21235,803,85
Xefe 2ª administrativo1.176,22294,063,85
Oficial 1ª administrativo1.021,38255,353,85
Oficial 2ª administrativo943,21235,803,85
Auxiliar administrativo804,10201,033,85
Oficial 1ª taller943,2192,36235,8014,1617,703,85
Oficial 2ª taller943,2192,36235,8014,1617,703,85
Especialista839,6292,36209,9012,7415,933,85
Peón799,2492,36199,8112,1815,233,85