Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.793

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a Valentín Balbino Souto García (praza 196/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/196 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de Valentín Balbino Souto García, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 o Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Valentín Balbino Souto

García, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 16 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións