Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.793

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería e infraestructura dos transportes, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación, a Miguel Domingo Rodríguez Bugarín (praza 93/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/093 de catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería e infraestructura dos transportes, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade, a favor de Miguel Domingo Rodríguez Bugarín, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Miguel Domingo Rodríguez Bugarín, catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería e infraestructura dos transportes, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade.

A Coruña, 16 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións