De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/153 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Fundamental desta universidade, a favor de Socorro Castro García, e unha vez que a interesada acreditara os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Socorro Castro García, profesora titular de universidade da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Fundamental desta universidade.
A Coruña, 16 de outubro de 2003.
P.D. (Resolución 26-9-2003)
Eliseo Alfonso Barca Lozano
Rector da Universidade da Coruña en funcións