Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 4 de novembro de 2003 pola que se convocan axudas a alumnos e profesores de formación profesional de centros docentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que participen en estadías en empresas ou centros educativos de ámbito transnacional.

A mobilidade transnacional das persoas no ámbito profesional é un medio de lograr un espacio de emprego na comunidade internacional, xa que dá a cada individuo a posibilidade de adquirir coñecementos, competencias e cualificacións adaptadas ó espacio sen fronteiras da Unión Europea e a apertura á comunidade internacional.

O intercambio de experiencias e as estadías formativas en centros educativos e empresas de países estranxeiros son aspectos esenciais para adquiri-la visión dun mercado global no que a vida laboral se desenvolve sobre os principios de libre circulación dos traballadores.

A formación permanente do profesorado constitúe un dereito e unha obriga dos mesmos, e é responsabilidade desta consellería prove-los recursos necesarios para garanti-la inclusión de actividades, como poden se-las estadías en empresas ou centros educativos doutros países, para asegurar ós profesores dos seus centros de formación profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.

Así mesmo, o actual proceso de xeneralización da formación profesional, estructurada en ciclos formativos, nos que se establece con carácter obrigatorio e avaliable un período de formación en centros de traballo, fai necesario que os profesores e alumnos teñan un coñecemento directo dos procesos productivos e as novas tecnoloxías utilizadas, que en moitos casos non se poden coñecer en empresas do contorno inmediato.

Dado que a colaboración con empresas e centros educativos doutros países resulta fundamental para facilita-lo desenvolvemento de capacidades do alumnado a nivel profesional e a formación permanente do profesorado, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos convoca axudas para a realización de estadías formativas de alumnos e profesores co fin de posibilita-la mellora da súa competencia profesional.

En consecuencia co anteriormente exposto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Obxecto da convocatoria.

Convócanse axudas dirixidas ós alumnos e profesores de formación profesional de centros docentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que participen en estadías en centros educativos ou empresas doutros países durante os anos 2003 e 2004.

As axudas concederanse con cargo á partida orzamentaria 12.04.322K.480.0 por un importe total máximo de 134.480 euros, distribuídos en dúas anualidades: para o ano 2003 un importe máximo de 79.106 euros e para o ano 2004 un importe máximo de 55.374 euros.

Segundo.-Destinatarios.

Poderán solicitar estas axudas os alumnos de ciclos formativos e profesores de formación profesional específica ou formación de adultos dos centros de ensino dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. As solicitudes faranse nos propios centros educativos, contarán co informe favorable do director e remitiranse á Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Terceiro.-Modalidades de axudas.

1. Visitas preparatorias do profesorado responsable da estadía de alumnos na empresa ou centro educativo receptor, co obxecto de facilita-los acordos de colaboración e a preparación axeitada do proxecto.

2. Estadías formativas de alumnos en empresas e/ou centros educativos de formación profesional de países estranxeiros para completa-la súa formación práctica e as súas competencias lingüísticas a nivel profesional.

3. Estadías formativas de profesores en empresas e/ou centros educativos de formación profesional de países estranxeiros, para completa-la súa formación práctica.

Cuarto.-Requisitos.

1. As estadías formativas deberán estar integradas na programación do curso. O seu obxectivo básico será o perfeccionamento profesional dos profesores e/ou alumnos.

2. As axudas determinaranse en función dunha contía máxima semanal por alumno/profesor en concepto de reintegro de gastos de transporte, mantenza e aloxamento, tendo en conta a distancia entre os centros, o orzamento global da estadía formativa e a calidade e intereses das actividades que se van realizar.

3. As visitas preparatorias serán realizadas por un só profesor de cada centro educativo e terán unha duración máxima dunha semana, agás casos excepcionais debidamente xustificados.

4. As estadías de alumnos en empresas terán unha duración mínima de dúas semanas e máxima de catro, e deberán contar cun titor que supervise o programa formativo que se vai desenvolver. Este deberá estar relacionado coa especialidade que cursen os alumnos. En ningún caso a realización das prácticas suporá relación laboral ou administrativa. A estadía pode formar parte do módulo de formación en centros de traballo (FCT), sempre que conten coa autorización preceptiva.

5. As estadías de profesores en empresa terán unha duración mínima dunha semana e máxima de catro.

Quinto.-Solicitudes.

1. Convócase un período de presentación de solicitudes de corenta días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes tramitaranse de acordo co modelo establecido no anexo I desta orde e irán acompañadas da documentación que se indica a continuación:

2.1. Axudas para visitas preparatorias:

-Orzamento da viaxe.

-Proposta de proxecto do centro, co informe do director.

-Documento de aceptación do centro receptor.

-Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra administración ou ente público.

2.2. No caso de estadías de alumnos en empresas:

-Proxecto pedagóxico da estadía, indicando os obxectivos da viaxe, centro educativo ou empresas onde se realizarán as prácticas, sistemas de seguimento e preparación que seguirán os alumnos participantes, incluíndo as clases de reforzo de lingua estranxeira.

-Certificación do director do centro na que conste que a actividade está recollida na programación xeral do centro.

-Declaración xurada do director na que se fará consta-la contratación dunha póliza de seguros que cubra o desprazamento e responsabilidade civil dos alumnos no estranxeiro.

-Calendario de actividades.

-Nome do profesor coordinador.

-Listaxes dos alumnos participantes segundo o anexo III.

-Orzamento detallado dos gastos da viaxe ó país que se visita, aloxamento, etc. Deberase indica-lo custo global por alumno e o custo global por grupo.

-Documento de aceptación do centro receptor.

-Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda, para a mesma finalidade, procedente de calquera outra administración ou ente público.

2.3. No caso de estadías de profesores en empresas:

-Certificación do secretario do centro e o visto e prace do director, dos servicios prestados, e méritos alegados segundo o baremo do anexo II.

-Proxecto de formación na empresa, indicando os datos da empresa, relación coa familia profesional, obxectivos da estadía e descrición das actividades que se realizarán.

-Calendario.

-Nomes dos participantes.

-Orzamento.

-Documento de aceptación do centro receptor.

-Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda, para a mesma finalidade, procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Sexto.-Condicións de realización.

1. Os profesores e alumnos realizarán durante a súa estadía na empresa o horario productivo que esta teña establecido.

2. Durante o período de estadía na empresa ou en institucións, os profesores estarán acollidos ó Sistema Nacional de Seguridade Social e terán cuberto o risco de enfermidade cubrindo o formulario E111, que deberá xestionar cada participante. En todo caso, os alumnos e profesores que participen nas estadías deberán estar cubertos por un seguro de accidentes e responsabilidade civil contratado polo centro e incluído na bolsa que reciban.

3. Durante o período de estadía formativa en empresas, os alumnos e os profesores non terán vínculo ou relación laboral coa empresa ou institución de acollida, nin poderán ocupar un posto de traballo dentro do seu cadro de persoal, polo que quedarán excluídos da lexislación laboral.

Sétimo.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes, asinadas polo director do centro, dirixiranse á Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Para a súa presentación poderase usar calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Oitavo.-Axuda económica.

Durante a estadía na empresa os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias.

Os reintegros de gasto en concepto de transporte, mantenza e aloxamento concederanse tendo en conta a duración, a distancia e o nivel de vida dos países ós que se desprazan os beneficiarios, conforme os seguintes baremos.

Visitas preparatorias:

PaísesEuros (ata un

máximo de:)

Portugal450

Francia700

Reino Unido, Italia, Alemaña, Bélxica e países de ámbito similar850

Dinamarca, República Checa, Irlanda, Hungría e países de ámbito similar900

Suecia, Noruega, Finlandia, Grecia, Romanía, Malta e países de ámbito similar1.000

Outros países1.300

Prácticas en empresas (por alumno)

Nº de semanas1234

Distancia en kmPaísesEuros (ata un máximo de:)

Menos de 500Portugal650725800875

De 500 a 3.000Francia9501.0501.1501.250

De 3.000 a 6.000Reino Unido, Italia, Alemaña, Bélxica e países de ámbito similar1.1501.2751.4001.525

De 3.000 a 6.000Irlanda, Dinamarca, Hungría1.2251.3501.4751.600

De 6.000 a 8.000Suecia, Finlandia1.3751.5251.6751.825

Grecia, Europa Oriental1.1751.2751.3751.475

Máis de 8.000USA, Canadá, etc.1.6001.7251.8501.975

Prácticas en empresas (por profesor)

Nº de semanas1234

Distancia en kmPaísesEuros (ata un máximo de:)

Menos de 500Portugal550625700775

De 500 a 3.000Francia7758759751.075

De 3.000 a 6.000Reino Unido, Italia, Alemaña, Bélxica e países de ámbito similar9251.0501.1751.300

De 3.000 a 6.000Irlanda, Dinamarca, Hungría9751.1251.2751.425

De 6.000 a 8.000Suecia, Finlandia1.0751.2251.3751.525

Grecia, Europa Oriental1.0251.1251.2251.325

Máis de 8.000USA, Canadá, etc.1.3751.5001.6251.750

Noveno.-Comisión de selección e criterios de valoración dos proxectos.

As solicitudes serán avaliadas por unha comisión de selección integrada polos seguintes membros:

Presidente: o subdirector xeral de Ensino e Desenvolvemento Pesqueiro ou persoa na que delegue.

Vocais: o xefe de Servicio de Ensino e Titulacións Naútico-Pesqueiras, o xefe de sección de Ensinanzas Naútico-Pesqueiras e o xefe de sección de centros.

Secretario/a: un/unha funcionario/a da subdirección xeral.

A comisión seleccionará os proxectos tendo en conta os seguintes criterios:

a) Non ter recibido esta axuda, nin outras similares en anos anteriores.

b) A calidade do proxecto pedagóxico e a súa realización co máximo de aproveitamento, así como a metodoloxía empregada. No caso de estadías de profesores a selección axustarase ó baremo establecido no anexo II desta convocatoria.

A comisión de selección elaborará a proposta de adxudicación de axudas que elevará á directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, que resolverá o que proceda.

Décimo.-Comunicación.

A concesión ou denegación da axuda seralle notificada directamente ós interesados, a través do centro de ensino, pola Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

As solicitudes entenderanse denegadas de non dictarse resolución expresa no prazo de seis meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

Décimo primeiro.-Prazos dos pagamentos.

Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo da aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada e xustificada a actividade. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Décimo segundo.-Xustificación da actividade.

Logo de efectuada a viaxe, o centro docente deberá tramita-la seguinte documentación, no prazo máximo dun mes:

1. Certificación do director do centro aprobatoria das contas, xuntando unha relación dos gastos efectuados e copia compulsada das facturas.

2. Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

3. Certificación do director do centro no que se faga consta-la empresa ou centro de acollida e as datas exactas de duración da estadía, o nome e número do DNI dos alumnos e/ou dos profesores participantes, indicando neste caso se é coordinador ou participante na estadía.

4. Xustificación da totalidade do custo da viaxe de acordo cos datos indicados no orzamento inicial. O importe da subvención nunca poderá superar illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza. No caso de que o custo final sexa inferior ó inicialmente previsto deberase minora-la axuda concedida en proporción á axuda xustificada.

5. Memoria do traballo realizado durante a estadía no país de acollida que incluirá os seguintes datos:

5.1. Visitas preparatorias. Obxectivos acadados de cara á realización do proxecto, incluíndo un breve resumo deste: descrición, datas de realización, etc.

5.2. Estadías de alumnos. Programación e avaliación das actividades realizadas na estadía con descricións de procesos productivos, tecnoloxías utilizadas, posibilidade de realización doutras estadías e aspectos positivos e negativos que hai que considerar.

5.3. Estadías de profesores. Certificación da empresa ou centro de acollida na que se indiquen as datas e as características da estadía realizada. Memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, os seguintes aspectos:

a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan, diferenciados segundo os niveis de cualificación.

b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da necesidade ou conveniencia de incorporalo).

d) Cambios que se prevén no sistema productivo (evolución da competencia profesional).

e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

f) Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores que poderían colaborar no plan de formación do profesorado de formación profesional específica.

g) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

Os proxectos e traballos realizados polos centros seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, reservando para si o dereito de difundi-los traballos realizados en función da súa orixinalidade e pasando a formar parte dos fondos documentais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Décimo terceiro.-Modificación da resolución de concesión das axudas.

A non xustificación da axuda percibida conforme o disposto nesta orde levará consigo o reintegro das cantidades non xustificadas, de acordo co establecido nos artigos 19 e 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novem

bro, polo que se desenvolve o réxime de axudas públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Décimo cuarto.-Recoñecemento das actividades realizadas.

Ó abeiro da normativa vixente, pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións, a participación en programas internacionais poderá te-los efectos correspondentes a actividades de formación permanente, expedindo a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro as certificacións correspondentes, unha vez presentada a memoria, conforme as seguintes equivalencias:

1. Estadías formativas de profesores:

a) Estadías formativas ata 15 días de duración:

20 horas de formación.

b) Estadías formativas de 16 a 31 días de duración:

35 horas de formación.

2. Coordinador da organización das estadías dos alumnos: 40 horas de formación por ano.

Décimo quinto.-Durante o mes de decembro de 2003 os profesores solicitantes poderán retira-la súa documentación da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro (Rúa dos Irmandiños s/n. Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdendo todo dereito sobre ela.

Décimo sexto.-Os directores e directoras dos centros educativos arbitrarán as medidas necesarias para que esta orde sexa coñecida pola comunidade escolar.

Décimo sétimo.-O non cumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á revogación da correspondente estadía formativa, ou visita preparatoria, sen prexuízo da posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO II

MéritosTotal puntos

máximo

Documentos

1. Proxecto de estadía formativa0 a 5Proxecto presentado

2. Méritos docentes

2.1. Servicios docentes

Por cada ano de servicio como funcionario de carreira, interino ou profesor especialista: 0,5 puntos por ano completo

10

Certificación do secretario do centro co visto e prace do director

3. Actividades de formación permanente

3.1. Coordinación e/ou docencia en actividades de perfeccionamento relacionadas coa súa especialidade: 0,50 puntos por actividade como máximo

4

Fotocopias compulsadas das certificacións

MéritosTotal puntos

máximo

Documentos

3.2. Asistencia a cursos, seminarios e outras actividades da especialidade: 0,25 puntos por actividade como máximo

2

3.3. Cursos de lingua galega:

3.3.1. Perfeccionamento

1

3.3.2. Iniciación0,5
(Nota: non acumulables entre si)

4. Publicación ou investigación sobre a materia ou especialidade de ensinanzasAta 2,5 ptos.Documentación acreditativa
Libros

Ata 1,5 pto.

Revista

Ata 0,50 pto.

Video/casete, CD, disquete

Ata 0,50 pto.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA