Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003 pola que se concede o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e o Premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2003.

Por orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 17 de xullo de 2003 (DOG do 28 de xullo), convocouse o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e o Premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2003.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe coñecerse mediante a correspondente publicación do Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Primeiro.-Concede-lo Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica a Luis Castedo Expósito.

Segundo.-Concede-lo Premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica) a José Francisco Rivadulla Fernández.

A presente resolución pon fin á vía administrativa segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio