Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.759

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 399/2003, do 6 de novembro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia á República Arxentina e á República Oriental de Uruguai, é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República Arxentina e á República Oriental de Uruguai, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día 7 de novembro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Santiago de Compostela, seis de novembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente