Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para a auscultación da presa de Rosadoiro propiedade da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 8747/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación da asistencia técnica para a auscultación da presa de Rosadoiro propiedade da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: será dun ano contados desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2004 logo de formalización do contrato en documento administrativo. Non obstante o citado prazo poderá prorrogarse de maneira expresa e con carácter anual e por outro ano.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o importe anual máximo para esta contratación ascende a un total de 20.920,81 euros (IVE engadido). No presente contrato nin na súa duración inicial nin na súa prórroga aplicarase revisión de prezos.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata ás 13.00 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 28 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña