Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 24 de abril de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle da parcela número 44 do 1º sector do Plan parcial

do solo urbanizable non programado número 37 (SUNP-37) de Costa Vella, promovido por Leroy Merlín, S.A.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde