Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: realización do servicio de comedor da residencia El Miño.

3. Orzamento (IVE incluído): 120.000 euros.

4. Duración do contrato: un ano.

5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas: oito (8) días naturais, desde o seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 247 (27-10-2003).

Lugo, 27 de outubro de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario de Deputación Provincial de Lugo