Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 6 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a Resolución do 3 de outubro de 2003 de baixa da autorización turística dos establecementos relacionados no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a Resolución do 3 de outubro de 2003, recaída nos expedientes de baixa dos establecementos indicados no anexo xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 47/1999, do 13 de xaneiro.

Ourense, 6 de outubro de 2003.

José Luis Pérez Pérez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Establecemento: Restaurante Biher.

Titular: Ángel Rodríguez Sánchez.

Enderezo: Curros Enríquez, 24.

Concello: Ourense.

Establecemento: Restaurante La Romareda.

Titular: Zhimin Chen.

Enderezo: Pena Forcadas, 7.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Establecemento: Hostal Residencia Irixo.

Titular: Antonio Torres Rodríguez.

Enderezo: Irmáns Villar, 23.

Concello: Ourense.

Establecemento: Cafetería Biher.

Titular: Ángel Rodríguez Sánchez.

Enderezo: Curros Enríquez, 24.

Concello: Ourense.

Establecemento: Restaurante Os Corzos.

Titular: María Luisa Fernández Hernández.

Enderezo: avda. Castela, s/n.

Concello: Verín.