Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de instalacións da rede de subministración a Aluminios Cortizo, nos termos municipais de Rois e Padrón.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 8 de setembro de 2003 autorizouse o proxecto de instalacións da rede de subministración a Aluminios Cortizo, que discorre polos termos municipais de Rois e Padrón. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto nos artigos 103 y 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, resolve convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan nas oficinas do Concello de Rois (ou local que se designe para tal efecto), a partir das 12.00 horas do próximo día 24 de novembro de 2003, e a partir das 9.00 horas dos próximos días 25 e 26 de novembro de 2003, e nas oficinas do Concello de Padrón (ou local que se designe para tal efecto), a partir das 9.00 horas do próximo día 27 de novembro de 2003, e a partir das 10.00 horas do próximo día 28 de novembro de 2003, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o precitado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e mailo último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno.

A orde de levantamento de actas, comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados nos taboleiros de anuncios dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación desta resolución ós titulares descoñecidos, con domicilio ignorado ou aqueles ós que, intentada a notificación, non se puido practicar.

No expediente expropiatorio, Gas Natural SDG, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 23 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO