Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 132 kV subestación Punago-subestación A Fonsagrada, nos concellos de Baleira e A Fonsagrada (Lugo), promovido pola empresa Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. (Expediente 004/2002 A.T.).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 15 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da L.A.T. 132 kV subestación Punago-su

bestación A Fonsagrada, nos concellos de Baleira e A Fonsagrada (Lugo), promovido pola empresa Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Proyecto de liña aérea de A.T., 132 kV subestación Punago-subestación A Fonsagrada (concellos de Baleira e A Fonsagrada.

-Estudio de impacto ambiental. Liña eléctrica de alta tensión a 132 kV subestación Punago-subestación A Fonsagrada.

-Estudio de impacto ambiental da L.A.T. Punago-A Fonsagrada. Memoria complementaria.

-Liña de alta tensión 132 kV subestación Punago-subestación A Fonsagrada. Estudio de impacto arqueolóxico. Informe final.

-Estudios complementarios da L.A.T. que une os parques eólicos de Punago e A Fonsagrada.

-Estudio de impacto ambiental. Liña de alta tensión 132 kV subestación Punago-subestación A Fonsagrada. Informe complementario. Maio 2003.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión das subestacións dos parques eólicos Punago e A Fonsagrada, de 14.225 m de lonxitude, composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180. Así mesmo, disporá de cable de terra e fibra óptica OPGW, con illadores, sobre apoios metálicos de celosía.

Tendo en conta o exposto no punto 7 desta DIA, a posición dos apoios nº 59 e 60 podería variar debido á afección sobre o Camiño de Santiago, polo que as coordenadas definitivas dos anteditos apoios se

establecerán unha vez sexa recibida, avaliada e con informe favorable a documentación requirida no punto 11.1 desta DIA.

A traza discorrerá polos concellos de Baleira e A Fonsagrada (Lugo), segundo o plano titulado Trazado e apoios. Escala 1/10.000. Planos 1-1 e 1-2 do estudio de impacto ambiental, sendo as coordenadas UTM dos 74 apoios restantes as seguintes:

Nº apoioUTM XUTM Y

0639.3804.770.459

1639.4074.770.472

2639.4954.770.518

3639.6114.770.577

4639.6984.770.622

5639.9554.770.754

6640.1614.770.860

7640.3324.770.947

8640.5084.771.038

9640.6534.771.162

10640.7844.771.273

11641.0174.771.424

12641.2184.771.554

13641.3424.771.634

14641.4874.771.727

15641.6374.771.824

16641.7624.771.905

17642.0284.771.939

18642.2044.771.962

19642.3084.771.975

20642.3954.771.986

21642.4894.772.031

22643.0484.772.298

23643.1554.772.349

24643.2394.772.415

25643.3414.772.495

26643.4104.772.550

27643.5164.772.633

28643.6564.772.744

29643.8094.772.864

30643.9954.773.011

31644.2324.773.199

32644.3624.773.283

33644.5504.773.405

34644.6394.773.462

35645.3534.773.432

36645.6184.773.344

37645.7604.773.297

38645.9254.773.243

39646.0714.773.195

40646.2384.773.140

41646.4034.773.085

42646.5394.773.040

43646.6774.772.983

44647.0364.772.835

45647.1254.772.798

46647.4204.772.676

47647.5424.772.626

48647.6544.772.650

Nº apoioUTM XUTM Y

49647.8074.772.683

50647.9684.772.718

51648.1094.772.749

52648.3364.772.748

53648.5634.772.667

54649.0024.772.509

55649.1344.772.462

56649.2574.772.418

57649.3704.772.378

58649.4804.772.255

61649.9994.771.857

62650.1344.771.832

63650.2384.771.873

64650.3224.771.906

65650.4524.771.957

66650.6594.772.068

67650.7944.772.168

68650.9524.772.285

69651.3754.772.122

70651.4964.772.076

71651.5684.772.049

72651.6674.772.011

73651.8304.772.010

74651.9814.772.002

75652.0954.771.995

76652.0964.772.012

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Co fin de diminuí-la emisión de po á atmosfera, que se poida producir pola execución dos accesos e polas labores de escavación para a cimentación dos apoios, procederase, en períodos de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos, especialmente nas zonas poboadas e nas que teñan vexetación de interese.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, levarase a cabo a proposta de seguimento do nivel de ruído incluída no documento titulado Estudio de impacto ambiental da L.A.T. Punago-A Fonsagrada. Memoria Complementaria. Durante a fase de construcción da liña, non sendo necesario continuar co seguimento durante a fase de explotación.

Terase en conta que as medicións deben ser efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral, e os informes de resultados presentaranse asinados por técnico da entidade realizadora da medición.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación ou vertedura, precisará da autorización do órgano de cunca competente segundo o caso, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, axustándose ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

As obras non poderán afecta-la calidade e volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións, tendo prioridade este servicio fronte a calquera outro.

Extremaranse as precaucións na execución de obras nas zonas de afección á rede hidrolóxica, adoptando tódalas medidas protectoras e correctoras necesarias. Nos terreos próximos ós cursos de auga, instalaranse mallas ou outros dispositivos para evita-la escorrega, impedindo a incorporación de sólidos ás augas.

Non se acumularán terras, entullo, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume e policía dos cursos fluviais, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este, necesariamente, será provisto desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Calquera operación de formigonado próxima ós leitos dos ríos deberase realizar en condicións estancas, evitando en todo momento o contacto ou derrame de formigón.

4. Protección do solo.

Realizarase unha delimitación das zonas de obra, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente previstos. A circulación de maquinaria restrinxirase ós accesos previstos.

Aproveitarase ó máximo a rede de camiños xa existentes, co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso ós apoios.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns. No caso de que se produzan sobrantes de terras, estes deberán ser levados a lugar autorizado por órgano competente.

Nos terreos de forte pendente utilizaranse apoios con patas desiguais co fin de minimiza-lo terreo afectado polas escavacións.

A capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente ós labores de escavación e exe

cución de accesos, e amoreada coas seguintes características, dependendo do seu uso final:

-No caso de reutilizala na restauración, os amoreamentos non superarán os dous metros de altura.

-No caso de abandono, a altura máxima permitida dos amoreamentos será de 50 cm, e a revexetación deberá ser inmediata.

Os lugares de amoreamento de terra vexetal estarán fóra do tránsito da maquinaria, para evita-la súa compactación, de xeito que non perda a súa calidade e poida ser empregada posteriormente nos labores de restauración. No caso de que pasen máis de seis meses deberá airearse. Así mesmo, a zona de instalación debe ter pendentes suaves e escaso valor ambiental.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento da L.A.T. deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte a vertedura.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de obras realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo os medios necesarios para a recollida de posibles verteduras.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

En tanto non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, adoptaranse as medidas preventivas e correctoras descritas na documentación avaliada e terase que levar a cabo un plan de seguimento de avifauna. Para tal fin, deberase presentar un novo plan de seguimento de aves centrado nas especies máis sensibles, co fin de comprobar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves co tendido, identificando en que zonas se producen e que especies son afectadas.

O novo plan de seguimento de avifauna contemplará os contidos indicados no punto 11.4 da DIA.

Respecto ás posibles sinerxías que se poidan producir entre os parques eólicos e a L.A.T. obxecto desta declaración, deberase desenvolve-la proposta

de seguimento recollida no documento titulado Estudio de impacto ambiental da L.A.T. Punago-A Fonsagrada. Memoria complementaria, segundo o requirido no punto 11.4 da DIA.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario e seguindo os criterios da lexislación vixente, polo que se deberá mante-la zona de servidume en condicións que impidan a propagación de lume e, se é o caso, faciliten a súa extinción.

As rúas deberán estar limpas de todo tipo de vexetación incompatible coas liñas eléctricas de forma permanente e durante toda a vida útil da liña eléctrica e as súas dimensións mínimas determinaranse en función da lexislación sectorial aplicable, non obstante, e dependendo da topografía do terreo, ventos e do tipo da vexetación, determinarase o seu largo, minimizando o risco de lumes nestas zonas.

Con respecto ó indicado no parágrafo anterior, recoméndase realizar unha silvicultura preventiva, preferentemente a realización de devesas, nas zonas estremeiras ás rúas, polo que as empresas promotoras ou propietarias das liñas deberán establece-las servidumes da suficiente amplitude co fin de poder realizar, sen contratempos, os devanditos labores.

Como excepción ó indicado nos parágrafos anteriores, deberanse conservar ou, se é o caso, producir unha mínima afección á vexetación de ribeira, árbores e rodais singulares, especies endémicas, singulares e/ou protexidas.

No caso dos accesos ós apoios por rodadura, deberanse utilizar métodos de roza que permitan unha rápida rexeneración da cuberta vexetal orixinaria, a excepción dos que transcorran por debaixo do tendido.

En calquera caso, previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira estarase ó disposto na Resolución do 27 de maio de 2002 (e posteriores correccións de erros), da Consellería de Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberá procederse á súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo e diminuí-lo risco de incendios forestais.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e/ou de interese comunitario presentes na área de influencia da liña, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres. Tendo en conta que parte da traza afecta a uceiras secas, hábitat de interese comunitario, deberanse propoñer medidas compensatorias que terán que ser consensuadas coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza, segundo o requirido no punto 11.3 da DIA.

A dirección de obra deberá dispoñer de planos detallados da distribución dos hábitats de interese comunitario, e será asesorada en todo momento das condicións para a súa protección.

En calquera caso, durante as fases de replanteo, apertura ou acondicionamento de accesos e instalación da liña, realizarase un seguimento por parte do responsable ambiental do proxecto, co obxecto de verificar que non se producen impactos imprevistos e que se adoptan as medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación, tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración.

No caso de que se detectase algún impacto non previsto na documentación presentada polo promotor ou nesta declaración, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, poñendo en coñecemento desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a incidencia detectada, quen a avaliará e informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

7. Protección do patrimonio cultural.

Cara a evitar posibles afeccións establécese unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun radio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito da obra, polo que, previamente ó inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

As vías de acceso de nova creación terán que contar cunha prospección arqueolóxica que se realizará no marco do proxecto de control e seguimento.

En relación co impacto moderado sobre o xacigo Madorra do Valín do Leite (YA011106N01), deberase baliza-lo xacigo con material non perecedoiro durante o proceso de obra.

En canto ó impacto sobre o Camiño de Santiago/Camiño primitivo/Camiño Dovedo (PU011105N01), non existe concordancia entre o trazado do camiño sinalado no estudio de impacto arqueolóxico e o sinalizado na separata do proxecto da L.A.T. redactada para pedir informe á Comisión do Camiño de Santiago.

Á vista do anterior, é preciso facer unha revisión do impacto arqueolóxico no cruzamento do Camiño de Santiago coa L.A.T., entre os apoios 59 e 60, para determinar exactamente cal dos dous camiños que saen da bifurcación é o sinalado oficialmente como Camiño de Santiago, xa que as medidas correctoras serían diferentes segundo o caso, segundo o requirido no punto 11.1 da DIA.

En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Protección dos valores paisaxísticos.

O conxunto de elementos que configuran a liña, principalmente os accesos de nova creación, os noiros e os terrapléns, deberán integrarse na paisaxe.

Se os afloramentos rochosos existentes na zona tivesen interese xeomorfolóxico ou paisaxístico deberán ser preservados de calquera dano. Se isto comportase o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, seguirase o indicado no punto 13.4 desta DIA.

9. Outras medidas.

No caso de deterioración de camiños ou de calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós traballos de instalación da liña, deberase restituí-la súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. Para o cruzamento da estrada LU-750 de Cádavo a Meira e, se é o caso, para a afección á estrada C-630 (Lugo-A Fonsagrada) requirirase a correspondente autorización administrativa.

10. Restauración.

Tódolos terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de accesos...) deberán ser restaurados e revexetados, restituíndo a vexetación autóctona presente na zona e favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Así mesmo, garantirase o mantemento da revexetación ó longo do tempo.

Aqueles accesos que non vaian ser empregados durante a fase de funcionamento da liña deberanse reintegrar na paisaxe, revexetándoos en toda a súa extensión. No caso de achega dalgún tipo de material de recheo e/ou xeotéxtil deberá ser retirado na súa totalidade.

Para tal fin, presentarase un novo plan de restauración ambiental no que se inclúa a descompactación e restauración dos accesos ós apoios na fase de obra e a fase de desmantelamento da L.A.T. Terase en conta que deberá incluír unha memoria, planos, prego de condicións e orzamento detallado (integrado por cadro de prezos unitarios, auxiliares, medicións e descompostos, orzamento de execución material e orzamento por contrata), tanto para a fase de obra como para a de desmantelamento da L.A.T., segundo o requirido no punto 11.5 desta DIA.

Terase en conta que na fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios, retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a xestor autorizado para a súa correcta eliminación e/ou reciclaxe. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para a desmontaxe da liña.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Aclaración do trazado do Camiño de Santiago na zona dos apoios 59 e 60, segundo o indicado no punto 7 da DIA.

Unha vez que conte con informe favorable desta dirección xeral a documentación requirida no punto anterior, presentaranse tres (3) exemplares de:

11.2. Plano en planta, a escala 1:10.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a traza da L.A.T. e tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, incorporando, se é o caso, as modificacións que se deriven do punto anterior.

Diferenciaranse, en cores ou grafía distintiva, as vías preexistentes dos de nova creación e aqueles que se vaian acondicionar, se é o caso, indicando na lenda a lonxitude de cada tipo. Reflectiranse tamén os xacigos arqueolóxicos xunto coas áreas de protección indicadas no punto 7 desta DIA.

11.3. Proposta de medidas compensatorias, segundo o indicado no punto 6.3 da DIA.

11.4. Novo plan de seguimento da incidencia da L.A.T. sobre a avifauna, centrado en especies sensibles, no que se inclúan os seguintes puntos:

-No referente á busca de aves accidentadas por colisión e/ou electrocución, describirase con detalle a metodoloxía que se vaia empregar na selección

e posterior revisión dos apoios en cada visita, tendo en conta a súa posición topográfica e a posible interferencia coas rutas de paso ou áreas de campeo e nidificación, co fin de proceder á selección daqueles que poidan ter unha maior incidencia sobre a avifauna. Terase en conta que debe presentarse un plano en planta no que se indiquen os tramos de L.A.T. que se vaian revisar. Para tal fin deberase presentar unha nova proposta xustificada de revisión da traza da L.A.T.

-Proposta xustificada da elección de puntos de observación, co fin de coñece-lo comportamento das aves ó seu paso pola L.A.T. e comprobar se se producen descensos poboacionais, principalmente de especies sensibles, como por exemplo as rapaces.

-Proposta xustificada de instalación dos dispositivos salvapaxaros, acompañado de planos nos que se indiquen os lugares de localización.

-Definición cuantitativa e cualitativa dos limiares de risco (alerta e inadmisible) por colisión e aparición do efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adopción de medidas protectoras ou correctoras específicas, detallando e xustificando o método para a súa determinación.

-Descrición detallada das medidas protectoras e/ou correctoras que se vaian adoptar, tanto na fase de obras como na de funcionamento, no caso de acada-las situacións de risco indicadas no punto anterior. Contemplarase, entre outras, un incremento na frecuencia dos controis que se vaian efectuar. Describiranse tamén as medidas propostas para a detección de posibles impactos imprevistos, así como as medidas protectoras de aplicación inmediata ante unha situación deste tipo.

-Presentación dos resultados, describindo a estructura e contido dos informes, que constarán, como mínimo, dun punto introductorio, indicando datas e descrición das campañas efectuadas, outro cos datos e resultados obtidos e un de valoración, discusión e conclusións finais.

-Desenvolvemento do plan de seguimento das posibles sinerxías, segundo o indicado no punto 6.1 da DIA.

11.5. Novo plan de restauración dos terreos afectados pola L.A.T. no que se inclúan os contidos indicados no punto 10 desta DIA.

11.6. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.7. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 desta DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a totalidade da documentación requirida.

Unha vez emitido informe favorable por esta dirección xeral do cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de obras, que conteña tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitiralle a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, coa periodicidade indicada, tres (3) copias da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, presentarase con carácter trimestral:

a) Cronograma de obras actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización e os sucesivos cronogramas virán numerados correlativamente.

b) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias ou imprevistos acontecidos, protección dos hábitats naturais, etcétera. O informe reflectirá o cumprimento das condicións establecidas na declaración, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e hora, xunto cun plano de localización.

c) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflicta o avance dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referida ós distintos elementos que conforman o proxecto: accesos, implantación de apoios, tendido de cables, así como unha listaxe da localización real dos apoios en coordenadas UTM.

d) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído.

e) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos na fase de obras, cos parques eólicos e liñas do contorno.

f) Resultado da campaña de seguimento da avifauna durante a fase de obra.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento da liña e presentarase, no prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, un informe fin de obras co seguinte contido mínimo:

a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.

b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, rúas para o tendido dos cables, estado de limpeza da área, en especial das zonas de instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, xunto cun plano de localización.

c) Plano en planta, dotado de coordenadas UTM, a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflictan tódalas accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

12.3. Informe de seguimento ambiental, de periodicidade semestral que hai que contar desde o inicio da posta en servicio da liña, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Informe, xunto cunha reportaxe fotográfica, no que se recollan os resultados do plan de restauración e revexetación, indicando os avances no proceso de rexeneración da cuberta vexetal en tódalas zonas afectadas polas obras, e aquelas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Nas fotografías indicarase a data e hora, xunto cun plano de localización.

b) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 da DIA.

c) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos. Prestarase especial atención á avifauna e hábitats protexidos, indicando as medidas protectoras e/ou correctoras adoptadas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos. Segundo a proposta incluída no documento titulado Estudio de impacto ambiental da L.A.T. Punago-A Fonsagrada. Memoria complementaria.

Á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de explotación da liña, establecerase a periodicidade e contidos dos sucesivos informes de seguimento ambiental.

12.4. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da liña, remitirase o cronograma previsto das actuacións

de desmantelamento e abandono da instalación. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto no plan presentado polo promotor, xunto coa súa xustificación.

12.5. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para efectos de seguimento desta declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada esta DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación

Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e correctoras, así como para facer fronte ós posibles danos que se poidan causar ó medio, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. A proposta provisional de aval ambiental, que deberá fixa-lo órgano substantivo, establécese no 4% do orzamento do investimento previsto.

O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento completo do plan de restauración solicitado no punto 11.2 desta DIA.

13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e para os efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non contemplado actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. Deberán efectuarse os trámites oportunos para a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Resumo do proxecto

A liña prevista interconectará as subestacións dos parques eólicos Punago e A Fonsagrada, e estará composta por un circuíto cun conductor por fase, cable de terra e fibra óptica OPGW, con illadores, sobre apoios metálicos de celosía.

As medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada inclúen as seguintes:

-A maquinaria utilizada na obra cumprirá as especificacións vixentes en canto a emisións.

-O tránsito de maquinaria para a execución da obra reducirase ó máximo posible, aproveitando camiños e sendas existentes.

-Os residuos producidos na fase de obra xestionaranse segundo a lexislación vixente.

-O finaliza-la instalación de cada apoio, procederase a limpeza do seu contorno.

-Instalación de salvapaxaros.

-Teranse en conta as consideracións técnicas especificadas no Decreto 275/2001, do 4 de outubro, polo que se establecen determinadas consideracións técnicas específicas de deseño e mantemento as que se deberán somete-las instalacións eléctricas de distribución.

-A cor dos apoios será mate co fin de evitar reflexos que aumenten a súa visibilidade.

ANEXO II

Resumo das consultas a organismos

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable ó estudio de impacto ambiental da L.A.T., aceptando as medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio cultural, cos seguintes condicionantes:

1. Cara a evitar posibles afeccións establécese unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun radio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

2. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito da obra, polo que, previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

3. As vías de acceso de nova creación terán que contar cunha prospección arqueolóxica que se realizará no marco do proxecto de control e seguimento.

4. En relación co impacto moderado sobre o xacigo Madorra do Valín do Leite (YA011106N01), deberase baliza-lo xacigo con material non perecedoiro durante o proceso de obra.

5. En canto ó impacto sobre o Camiño de Santiago/Camiño primitivo/Camiño Dovedo (PU011105N01), non existe concordancia entre o trazado sinalado no estudio de impacto arqueolóxico e o sinalizado na separata do proxecto da L.A.T. redactada para pedir informe a Comisión do Camiño de Santiago.

Á vista do anterior, é preciso facer unha revisión do impacto arqueolóxico no cruzamento do Camiño de Santiago coa L.A.T., entre os apoios 59 e 60, para determinar exactamente cal dos dous camiños, que saen da bifurcación é o sinalado oficialmente

como Camiño de Santiago, xa que as medidas correctoras serían diferentes segundo o caso.

6. En base ós resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

7. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza emite dous informes. No primeiro conclúe:

1. Situación actual con respecto ós espacios naturais protexidos.

Actualmente parte do trazado da liña transcorre pola proposta de Lugar de Importancia Comunitaria, LIC, denominado A Marronda. Este espacio atópase, na actualidade, declarado provisionalmente como Espacio Natural en Réxime de Protección Xeral, establecido así na Orde do 13 de xuño de 2002.

En concreto, vénse a afectar un trazado de aproximadamente 2 km, situándose no seu interior os apoios nº 21, 22, 23, 28, 29, 31, 32, 33, 34 e 35.

Dentro dos valores polos que o espacio natural ostenta a figura de protección citada atopámonos coas Uceiras secas europea (hábitats de interese comunitario), afectándose polos apoios 29, 31, 32, 33, 34 e 35, e os bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) (hábitats prioritarios), estes últimos non se ven afectados polos apoios, aínda que si se efectúan 4 cruzamentos entre os apoios 30 e 35.

No caso dos 4 cruzamentos descritos descoñécese se o trazado da liña vai afectar estas formacións, pois non hai información a este respecto, aínda que si se observa, nos planos de perfís, unha altura do cableado moi baixa nos cruzamentos que se efectúan entre os apios 30 e 33 (estes planos deberían presentar maior definición e presentar escala).

De acordo cos valores protexidos anteriores cabe expoñer que:

-Deberán presentarse alternativas que non afecten ó espacio natural protexido, xa que, de acordo coa documentación presentada non se ve xustificadas as afeccións que se efectúan.

-Os bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior non poderán ser afectados, para isto terase en conta os puntos que iremos expoñendo e desenvolvendo máis adiante.

De todos modos, de xustificarse finalmente que a solución proposta é a menos impactante, a afección introducida pola implementación da L.A.T. podería compatibilizarse coa continuidade do hábitat de inte

rese comunitario afectado (Uceiras secas europeas), sustentando, por tanto, as posibilidades do mantemento destes nun estado de conservación favorable, nembargantes deben presentarse medidas compensatorias.

2. Á vista da documentación de referencia caben face-las seguintes observacións:

2.1. Estudio de alternativas.

O estudio ambiental presenta o correspondente estudio de alternativas de trazado, nembargantes o proceso de selección descrito é insuficiente, non habendo unha adecuada identificación e valoración dos impactos das distintas alternativas. A descrición de cada un dos trazados se basea fundamentalmente na descrición xeográfica dos trazados, así como na descrición da localización con respecto os núcleos de poboación e os cruzamentos que se efectúan (de infraestructuras e de ríos importantes). Á hora de efectua-la selección só se argumenta que o trazado escollido refunde as vantaxes das anteriores minimizándose a afección ambiental con respecto a estas, sen embargo, non se plasman nin os parámetros nin o proceso para chegar a esta conclusión.

2.2. Impacto sobre a vexetación arbórea.

Respecto do arboredo autóctono de interese, soamente se di que a liña cruza unha zona ó sur da Marronda, na cabeceira do arroio, onde hai un bosque de carballos e bidueiros en rexeneración. Pero non se cuantifica o grao de afección.

En todo caso deberase garanti-la integridade da formación atravesada, para o cal deberá redistribuírse o apoio 22 fóra deste bosque montano, e sobreeleva-los apoios, de ser necesario, de forma que a formación poida desenvolverse plenamente.

Por outra banda o tendido atravesa numerosas formacións de piñeiros, non facéndose mención algunha sobre a incidencia que se van provocar sobre estas. En todo caso deberá considerarse, describirse e desenvolverse os seguintes criterios:

-Nas áreas onde se faga preciso a eliminación de especies arbóreas (por seren pirófitas ou presentaren outras incompatibilidades coas liñas, caso dos piñeiros), e a ámbolos dous lados haxa arboredo, procederase á substitución do cortado por especies arbóreas ou arbustivas correspondentes o ámbito bioxeográfico. En ningún caso se farán plantacións monoespecíficas, debendo buscar masas que tendan ó equilibrio (de todos modos será preciso a realización do oportuno proxecto, que considere as particularidades da calidade de estación en cada tramo e en función disto describa correctamente a elección de especies, métodos de repoboación, tratamento da vexetación preexistente, preparación do solo, coidados posteriores das repoboacións e coidados complementarios).

-As zonas onde deba introducirse modificacións na vexetación, será a mínima posible, seguindo para isto un tratamento da rúa que estime entre os criterios de deseño o de largo variable das rúas.

En definitiva farase un tratamento integral da rúa, programación que deberá incluí-los puntos anteriores, entre outros (para máis información sobre este tipo de rúas véxase a publicación Inventario de la Flora Ibérica Compatible con las Líneas de Alta Tensión 2ª Edición Correxida e Actualizada. Red Eléctrica de España. Madrid, 2001).

Para o desenvolvemento anterior, dada a magnitude e importancia dunha boa planificación, deberá presentarse un proxecto técnico realizado por técnicos cualificados.

2.3. Afección a cursos fluviais.

O tendido atravesa o río Eo entre os apoios 34 e 35 e outros tres arroios da cunca del, pero en tódolos casos o curso de auga cae cara o centro do van e, por tanto, os apoios lonxe do curso, polo que non é de prever incidencia das obras neles, salvo, falta de coidado á hora de atravesalos coa maquinaria e o cableado.

En todo caso, no cruzamento dos cursos fluviais respectarase a vexetación de ribeira de existir, e de non ser así, deixarase a altura suficiente para que esta poida implantarse.

2.4. Vías.

Non se describen, cuantifican, nin representan nos planos os accesos e camiños de servicio para a instalación dos apoios, tendido de cables e posterior atención e mantemento da liña eléctrica, co que non se pode avalia-la posible incidencia deles no medio natural.

En todo caso estímase que debe considerarse, describirse e desenvolverse o seguinte:

-Maximizarase o aproveitamento dos accesos existentes. No tocante ós novos accesos que sexan precisos abrir deberán de sinalarse todas aquelas pistas que sufran unha modificación ou apertura, describindo detalladamente as características que a definen, así como os parámetros do medio que sexan afectados.

En canto a aquelas pistas, ou trochas abertas durante a fase de execución, haberá que xustifica-la súa necesidade futura, procedendo á súa restauración en caso contrario; en todo caso para aquelas que sexa preciso o seu mantemento realizaranse os pertinentes labores de estabilización, para evitar procesos erosivos.

-Recomendamos que os accesos que se implementen se constitúan por rodadura dos vehículos empregados na execución, evitando a formación de rodeiras e a compactación do terreo. Estímase por tanto que é preciso implementar dispositivos temporais para evita-los efectos anteriores (acceso en período de tempero adecuado, disposición de fibras vexetais nas zonas de rodadura susceptibles de producir rodeiras...).

-En caso de se producir rodeiras procederase á súa explanación. Como xa se mencionou as rodeiras

deben ser evitadas pola adopción de medidas adecuadas.

-Como xa se comentou, deberanse adoptar medidas que eviten a compactación, que poden superpoñerse coas adoptadas para evita-las rodeiras. Se aínda así se produce compactación procederase á restitución do terreo ás condicións anteriores á alteración. O grao de compactación debe ser cuantificado para sopesa-la necesidade de adoptar medidas, empregando aparellos e metodoloxías de medición normalizados.

-Farase conveniente que se delimite fisicamente o trazado co fin de evitar maiores ocupacións que as necesarias.

-Indicarase como e en que condicións se efectuará a retirada da vexetación existente nas zonas de tránsito.

2.5. Clase aves.

O estudio propón a adopción dunha serie de medidas de anticolisión e antielectrocución así como un plan de seguimento de aves.

A este respecto cabe dicir que as medidas propostas deberán facerse efectivas, ademais engadimos que:

-Os dispositivos anticolisión deberán manterse operativos durante a vida útil da instalación eléctrica, procedéndose á súa substitución antes de deixar de ser efectivos.

-No estudio formúlase un seguimento de aves durante dous anos. Coidamos que este seguimento debe prolongarse durante a vida útil do proxecto, se ben pode diminuírse o esforzo de mostraxe. En todo caso o esforzo será variable en función dos resultados que se vaian obtendo.

Faise esta proposta xa que a liña de alta pode ocasionar unha mortaldade de aves desprezable durante moitos anos, e pode provocar despois repentinamente (durante unha xustaposición casual de certa bandada de aves con certas condicións meteorolóxicas adversas e certa alteración) unha mortaldade espectacular de centos de aves nunha soa noite. Por conseguinte, poderíase argumentar que non poden cuantificarse taxas de mortaldade específicas, salvo despois de moitas décadas de estudio exhaustivo.

2.6. Integración ambiental.

É adecuado que se propoñan medidas de carácter compensatorio que tratasen de equilibra os impactos de índole paisaxística e ecolóxica, mediante labores de mellora ecolóxica e paisaxística. Lémbrese a este respecto que un dos principios inspiradores da normativa ambiental esgrime a necesidade de internalización dos custos ambientais, tendo en conta, no senso amplo, o principio de «quen contamina paga». De acordo con este principio deben establecerse medidas compensatorias (ademais das correctoras e protectoras) que deberán ser asumidas e programadas como un elemento máis do proceso produc

tivo. A este respecto deberá presentarse, debidamente desenvolta, unha proposta de medidas compensatorias co fin de equilibrar adecuadamente o balance de impactos negativos cos positivos, centrándose fundamentalmente sobre o Espacio Natural Protexido.

3. Afección a montes xestionados pola Xunta de Galicia.

Trinta dos apoios da liña afectan a cinco montes xestionados pola Consellería de Medio Ambiente (Servicio de Montes e Industrias Forestais) da provincia de Lugo:

Os apoios 20, 21, 22 e 23 localízanse sobre terreos do monte Cruz da Nena, no concello de Baleira, pertencente ás parroquias de Cubilledo e Braña, en réxime de consorcio.

Os apoios 24, 25, 26, 27 e 28 localízanse sobre terreos do monte de Castrelo e Espiña, no concello de Baleira, pertencente á Comunidade de Castrelo e Espiña, en réxime de convenio.

Os apoios 47, 48, 49 e 50 localízanse sobre terreos do monte de Pin, no concello da Fonsagrada, de propiedade particular, en réxime de convenio.

Os apoios 55, 56, 57, 58 e 59 localízanse sobre terreos do monte de Paradavella, no concello da Fonsagrada, de propiedade particular, en réxime de convenio.

Os apoios 60, 62, 63, 64, 65, 66, 67, 68, 69, 70, 71 e 72 localízanse sobre terreos do monte de Chaín, no concello da Fonsagrada, pertencente á Comunidade de Chaín, en réxime de convenio.

4. Afección a terreos cinexéticos.

O proxecto transcorre por unha serie de TECOR (terreos cinexeticamente ordenados), en concreto:

-LU-10.042 denominado Baleira, dos concellos de Baleira e A Fonsagrada. Titularidade: Sociedade Deportiva de Caza e Pesca de Baleira. Afección: apoios 1 ó 41.

-LU-10.002 denominado A Fonsagrada, do concello da Fonsagrada. Titularidade: Sociedade Club de Caza e Pesca da Fonsagrada. Afección: apoios 42 ó 46.

Á vista do anterior expoñemo-la necesidade de cumprir coas observacións feitas neste informe, co obxecto de facer unha correcta avaliación ambiental do proxecto.

No segundo informe, emitido sobre o documento titulado Documentación complementaria ó Es.I.A. Madrid. Abril 2003, conclúe o seguinte:

Con anterioridade foi emitido, por este servicio, un informe ó respecto do mesmo proxecto, tendo como base a documentación presentada no marco do procedemento ambiental. Este primeiro informe foi evacuado á delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, con rexistro de saída do 6 de febreiro de 2003.

O obxectivo da documentación presentada é o de complementar e aclara-los aspectos postos de manifesto no informe de referencia anterior. En concreto céntranse sobre: o proceso de selección de alternativas de trazado, impacto sobre a vexetación arbórea, afección a cursos fluviais, localización e impacto ambiental de vías de acceso ós apoios e plan de seguimento do impacto sobre as aves.

Por tanto, á vista da documentación presentada, do informe emitido polo Servicio de Organización e Control de Medios da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, e despois de revisa-lo expediente aberto, infórmase o seguinte:

Do conxunto da documentación que se presenta, e que atrás foi esbozada, non temos observacións que estimemos pertinentes, coidando como axeitadas as propostas que se fan.

Como excepción ó anterior, si debemos facer unha serie de comentarios ó punto 3. Impacto da liña sobre a vexetación arbórea:

Esta documentación xorde como consecuencia das peticións que esta unidade administrativa efectuou no informe anterior a este, máis tendo en conta as reunións efectuadas coa Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais desta mesma Consellería de Medio Ambiente debemos reconsidera-los termos da solicitude que se efectuou no seu momento.

Os motivos básicos que nos levan a este cambio de posicionamento son:

1. O número de incendios que teñen como causa certas liñas eléctricas é importante, se ben se sospeita que un número maior podería ser atribuído a esta causa. É por tanto necesario, toma-las medidas conducentes a minimiza-lo risco de incendios, por isto, o emprego das rúas por onde discorren as liñas eléctricas como devasas, é primordial para a diminución do risco. Así mesmo, estas liñas, se teñen as dimensións axeitadas, diminuirán as devasas que hai que realizar no monte e diminuirán consecuentemente, o impacto ambiental por acumulación de infraestructuras deste tipo.

2. A adopción de medidas axeitadas, impedirá a aparición de incendios ocasionados polos cortocircuítos provocados polas liñas, fundamentalmente naquelas liñas máis antigas e peor conservadas.

3. Por outra banda, non se comentou nada sobre a dificultade da extinción baixo as liñas aéreas de alta tensión e o perigo que encerra, dado que non é posible a utilización de medios aéreos nestas zonas tendo que realiza-lo ataque de modo directo, con auga e batelumes, por iso a conveniencia de mante-las rúas limpas de toda vexetación para o acceso do combatente ó lume, permitindo que se realicen con menor dificultade os tendidos de mangueira e aproveitando a propia rúa como posible vía de escape en caso de necesidade.

Polo anteriormente exposto reconsiderámo-la nosa posición no tocante o mantemento, baixo certos cri

terios, de determinada vexetación baixo as liñas eléctricas, coidando como máis oportuno a consideración dos seguintes aspectos:

Os titulares de tendidos eléctricos deben mante-la zona de servidume sobre a que se desenvolven os devanditos tendidos en condicións de impedi-la propagación do lume e facilita-la súa extinción.

As liñas eléctricas de alta tensión, de evacuación ou distribución, deberán considerarse para efectos da Lei e Regulamento de incendios forestais como instalacións industriais.

En relación coa apertura e mantemento das rúas nas zonas onde discorren as liñas de distribución de enerxía eléctrica, as súas dimensións mínimas veñen definidas, tanto na Lei e Regulamento de incendios forestais como nos decretos 3151/1968 e 275/2001. É dicir, as rúas deberán estar limpas de todo tipo de vexetación de forma permanente e durante toda a vida útil da liña eléctrica, nos montes situados dentro do territorio da Comunidade Autónoma.

No tocante ás dimensións mínimas das rúas, estas determinaranse en función da lexislación sectorial aplicable, non obstante, e dependendo da topografía do terreo, ventos e da vexetación determinarase o largo delas, minimizando o risco de lumes nestas zonas. Sería ideal, realizar unha silvicultura preventiva, preferentemente a realización de devasas, nas zonas estremeiras ás rúas, polo que as empresas promotoras ou propietarias das liñas deberán establece-las servidumes da suficiente amplitude co fin de poder realizar, sen contratempos, os devanditas labores.

De todos modos poñeranse en contacto coa Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais para consensua-las accións baixo as liñas.

Como excepción ó exposto atrás si se debe respecta-la vexetación de ribeira, así como outras árbores e rodais singulares, así como especies endémicas, singulares e/ou protexidas.

Por tanto, á vista da documentación de referencia así como do examinado no expediente ambiental aberto ó respecto, e sempre dentro da liña do expediente, cabe referir, que de cumprirse todo exposto na documentación e informes emitidos ó respecto, non hai motivos para non estimar unha adecuada integración do proxecto, sempre partindo da premisa de que a liña é imprescindible para o funcionamento dos parques xa aprobados. De todos modos a execución das obras e o plan de seguimento ambiental serán determinantes no cumprimento da premisa anterior.

A Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Lugo emite informe favorable sobre o estudio ambiental.

A Dirección Xeral de Turismo emite dous informes. No segundo conclúe:

Estímase que a actuación que se pretende de se levaren a cabo ós parques eólicos ós que daría servicio a liña proposta, non suporía un incremento notable sobre o impacto paisaxístico en relación ó que xeraría a instalación dos parques.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emite informe favorable, cun resumo do proxecto e da tramitación realizada, acompañándoo dunha proposta de condicionado ambiental que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial da actuación.

-Protección do solo.

-Protección da fauna e flora.

-Protección de valores arqueolóxicos e etnográficos.

-Outras medidas.

-Recuperación situación orixinal tras fase de explotación.

-Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

-Condicións xerais.

-Condicións específicas.

-Condicións adicionais.

A Confederación Hidrográfica do Norte emite informe favorable ó estudio ambiental.

A Dirección Xeral de Obras Públicas emite informe no que conclúe:

1. Existe en cruzamento aéreo cunha liña de alta tensión a unha altura non definida pero que oscila entre os 16,5 e 28 metros da estrada LU-750 de Cádavo a Meira, pertencente á Rede Primaria Complementaria, de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e na que están previstas actuacións de mellora e acondicionamento.

2. Os apoios afectados polo cruzamento son os números 11 e 12, sendo o número 11 o que pode quedar nalgunha das zonas que compoñen a área de influencia da estrada.

3. Doutra banda o tendido entre os apoios números 68 e 69 pode afecta-la área de influencia de estrada C-630 (Lugo-A Fonsagrada), pertencente tamén á Rede Primaria Complementaria.

4. Polo tanto deberanse ter en conta os seguintes aspectos:

-Para o cruzamento deberase solicita-la preceptiva autorización administrativa.

-O tendido aéreo que non cruce as estradas pero que afecte a área de influencia, precisará autorización administrativa.

5. En xeral, a realización das citadas obras non deberán ocasionar unha perturbación ó tráfico nin diminución da seguridade.