Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.706

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 28 de outubro de 2003 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Catálogo de programas asistenciais. Plan de Galicia sobre drogas.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada pola Consellería de Sanidade e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de se-lo caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2003.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Catálogo de programas asistenciais. Plan de Galicia sobre drogas: 70 euros.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL