A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Tecnoloxías para a Innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo VI, a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.
A Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo) pola que se modifican as bases e se procede á convocatoria para o ano 2003 das axudas correspondentes ó mencionado programa sectorial, establece no seu punto primeiro que os créditos asignados poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades deles.
De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 28
de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo) e, tendo coñecemento e existindo remanentes de crédito, unha vez resoltas tódalas convocatorias dos programas sectoriais correspondentes ó ano 2003, por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I da presente resolución, ampliando así as axudas concedidas por Resolución do 16 de outubro de 2003 (DOG do 23 de outubro).
Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.
Terceiro.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2003.
P.D. (Orde 21-1-2003)
Jesús Vázquez San Luis
Secretario xeral da Consellería de Innovación,
Industria e Comercio
ANEXO I
2004 2005 2006 CONCEDIDO SUBV.
SOLICITANTE CÓDIGO TÍTULO DURACIÓN ANO 2003 ANO
ANO
ANO
TOTAL
PORC.
CUSTO
ALDABA SERVICIOS PROFESIONALES, S.L.L. PGIDIT03TIC37E S.I.V.C. (SISTEMA INALAMBRICO DE VISUALIZACIÓN COLABORATIVA) 1 11.695,00 0,00 0,00 0,00 11.695,00 31 38.172,00
ISOLUX WAT, S.A. PGIDIT03TIC38E SISTEMA DE XESTIÓN REMOTA DE SEGURIDADE E OUTROS SERVICIOS COMPLEMENTARIOS PARA A REDE DE DATOS DUNHA PYME 1 17.556,00 0,00 0,00 0,00 17.556,00 28 63.802,00
MACROSISTEMAS, S.A. PGIDIT03TIC39E EACGI-PRODUCCIÓN MÓDULO DE XESTIÓN DE COMPRAS, MÓDULO: REPRESENTACIÓN GRÁFICA PLANING 1 21.657,00 0,00 0,00 0,00 21.657,00 52 41.281,00
PUGA DIGITAL, S.L. PGIDIT03TIC40E E-ESTORE 1 12.559,00 0,00 0,00 0,00 12.559,00 26 47.853,00
SHYLEX TELECOMUNICACIONES, S.L. PGIDIT03TIC41E SISTEMAS DOMÓTICOS PARA PERSOAS CON DEFICIENCIAS 1 17.365,00 0,00 0,00 0,00 17.365,00 44 39.262,00
TECNOLOGÍAS PLEXUS S.L. PGIDIT03TIC42E ASIGNADOR DE TAREFAS AUTOMÁTICO DENTRO DUN MÓDULO DE PRODUCCIÓN 1 37.314,00 0,00 0,00 0,00 37.314,00 44 84.000,00
TLR SOFT PGIDIT03TIC43E ATIDENET 1 30.570,00 0,00 0,00 0,00 30.570,00 32 94.548,00