Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

EDICTO.

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 22 de outubro de 2003, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación, por concurso aberto polo trámite de urxencia, do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

1. Obxecto do contrato: redaccción do plan xeral coa documentación e o contido que se definen nos pregos de prescricións técnicas e na Lei 9/2002, de decembro.

2. Exposición ó público: exponse ó público por prazo de 4 días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP ou DOG, para que poidan presentar reclamacións.

3. Entidade adxudicataria: a Comisión de Goberno.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

5. Garantías:

Provisional: 0,2% do orzamento.

Definitiva: 0,4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación: na secretaría do concello en horas de 9.00 a 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista: os que se reflictan no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas: presentaranse na secretaría do concello, en horas de 9.00 a 14.00, no prazo de 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

9. Criterios que servirán de base á adxudicación: os recollidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de proposicións: terá lugar na casa do concello, ás 12.00 horas do seguinte día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións e, se este fose sábado ou festivo, o primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Pagamento dos traballos: os traballos pagaranse en cinco anualidades que veñen determinadas no prego de condicións.

Xunqueira de Espadanedo, 24 de outubro de 2003.

Ricardo González Lage

Alcalde