Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno Municipal do Concello de Vigo, en sesión do día 30 de xuño de 2003, adoptou acordo polo que declarou deserta a convocatoria para prover, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante de xefe da Unidade de Contratación. O mesmo órgano, en sesión do 8 de setembro de 2003, decidiu a realización dunha nova convocatoria para cubrir polo mesmo procedemento de provisión o devandito posto de traballo, de conformidade coas bases aprobadas por acordo da Comisión Municipal de Goberno do 26 de agosto de 2002, publicadas no BOP de Pontevedra o 29 de outubro seguinte.

As solicitudes para participar nesta nova convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vigo ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II das bases (BOP de Pontevedra do 29-10-2002).

Rexerán integramente as determinacións contidas na primeira convocatoria publicada no BOP do 29-10-2002, coa seguinte modificación do epígrafe Requisitos necesarios para o seu desempeño (anexo I), que queda redactado do xeito seguinte:

1. Titulación esixida: licenciado en dereito.

2. Formación específica: na apreciación dos méritos, terase en especial consideración a debida acreditación de coñecementos relacionados directamente

coa contratación administrativa, así como o desempeño de postos de responsabilidade na Administración pública, prioritariamente aqueles que estean relacionados con esta materia.

3. Requisitos indispensables esixidos:

-Ser funcionario de carreira encadrado no ámbito de aplicación da Lei 30/1984, de medidas para a reforma da función pública, con praza en propiedade no grupo de titulación esixido (A) e dentro das escalas de Administración xeral ou Administración especial.

-Acreditar ter consolidado o nivel 26 de complemento de destino á data de presentación da instancia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o alcalde presidente do Concello de Vigo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de outubro de 2003.

Ventura Pérez Mariño

Alcalde