1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto do contrato: redacción dun plan de accesibilidade (eliminación de barreiras arquitectónicas, urbanísticas, no transportes e da comunicación sensorial nos núcleos urbanos).
3. Lugar de execución: concellos de: Abadín, Cervo, Muras, Ourol, A Pastoriza, Riotorto, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.
4. Orzamento (IVE incluído): 327.219,15 euros.
5. Prazo de execución e entrega: 8 meses.
6. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.
7. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).
8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
9. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais, desde o seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
10. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
12. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 242 (21-10-2003).
Lugo, 21 de outubro de 2003.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo