Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 9 de outubro de 2003 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea Tino IV.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Tino IV e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 19-7-2002, Pablo Triñanes Fernández e outros solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Tino IV.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dicto a seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de José Triñanes Mariño (33200638-T), Mª de los Ángeles, Lidia, Martín e Pablo Triñanes Fernández (52933549-S, 52933548-Z, 52933546-N e 52933547-J, respectivamente) da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Tino IV.

Localización:

Cuadrícula nº: 27.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 29-2-1964 (BOE/DOG nº 77, do 30 de marzo).

Remate da vixencia: 30-3-2004.

Antigo titular: Francisca Fernández Díaz (76506998-M).

Novos titulares: José Triñanes Mariño (33200638-T), 4/8 proindivisos, Mª de los Ángeles, Lidia, Martín e Pablo Triñanes Fernández (52933549-S, 52933548-Z, 52933546-N y 52933547-J, respectivamente), 1/8 proindiviso para cada un deles, da concesión administrativa do viveiro.

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 9 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña