Con do data 5 de setembro de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade dictou acordo de inicio do expediente sancionador nº 96/2003 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña, a Fructuoso Álvarez Seoane.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Fructuoso Álvarez Seoane o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Apercíbeselle tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 13 de outubro de 2003.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 96/2003.
Denunciado: Fructuoso Álvarez Seoane.
DNI/NIF: 34397188-K.
Último enderezo coñecido: rúa Colón, P-4-4-1A. Ferrol.
Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria
Precepto/s presuntamente infrinxido/s: art. 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de Sanidade; arts 2.1º.1; 2.2º e 3.3º.6 do Real decreto 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria, e o Real decreto 202/2000, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: 180,30 euros. Cento oitenta euros con trinta céntimos.