Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 17 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica o expediente sancionador OR.AE 10/2003.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense faiselle saber á Comunidade de Propietarios do edificio nº 27 da rúa O Chao do Barco de Valdeorras, que no expediente sancionador OR.AE 10/2003, o instructor do procedemento formulou proposta da resolución o 5 de xuño de 2003, para impoñerlle unha sanción de 180,30 euros.

Dispón dun prazo de quince días para presenta-las alegacións e documentos que estime oportunos.

Este edicto produce os efectos de notificación previstos no artigo 54.4º da LRX-PAC do 26-11-1992, tras terse intentado infructuosamente dúas veces a notificación persoal.

Ourense, 17 de setembro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense