Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 17 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica o expediente sancionador OR.AE 11/2003.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense faille saber á Comunidade de Propietarios do edificio nº 10 da rúa San Roque en Xinzo de Limia, que o 21 de abril de 2003 se iniciou o expediente sancionador OR.AE 11/2003 por deficiencias observadas no aparello elevador RAE nº 2983.

A infracción pode sancionarse con multa de ata 3.005,06 euros e dispón dun prazo de dez días para presenta-las alegacións e propoñe-las probas.

Este edicto produce os efectos de notificación previstos no artigo 54.4º da LRJ-PAC do 26-11-1992, tras terse intentado infructuosamente dúas veces a notificación persoal no enderezo da comunidade expedientada.

Ourense, 17 de setembro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense