Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/117-2, 6116 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: soterramento da L.M.T. a Ribadeo I (tramo Irmandiños).

Situación: Ribadeo.

Descricións técnicas: soterramento da liña Ribadeo I, cunha lonxitude total de 85 m, executada en conductor R.H.Z.1 3x150 mm, en canalización subterránea en tubos de diámetro 160.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo