Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Anuncio de contratación, por concurso polo procedemento aberto, para a contratación das obras de mellora dos tramos urbanos da rede de estradas do Estado no termo municipal do Porriño da CN-120 e CN-550.

Obxecto: mellora dos tramos urbanos da rede de estradas do Estado no termo municipal do Porriño da CN-120 e CN-550.

Importe: 1.075.811,66 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Teléfonos: 986 33 13 01; fax 986 33 58 50.

c) Data límite para obter documentación e informe: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Presentación das ofertas: prazo 13 días naturais contados desde o seguinte ó da data do último anuncio que se publique no BOP o ben no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 20 de outubro do 2003.

Raúl Frances Rodríguez

Alcalde