Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CENLLE

EDICTO.

O Pleno deste concello, en sesión do día vintecatro de outubro de dous mil tres, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerán o concurso público para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O dito prego exponse ó público polo período de oito días hábiles para os efectos de reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, se ben este se aprazará de presentarse reclamacións contra o dito prego.

Caractarísticas.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Cenlle (Ourense).

2. Obxecto do contrato: traballos para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Sistema de selección do contratista: concurso.

4. Tipo de licitación: 51.832 euros.

5. Información e documentación: o expediente e os pregos atópanse á disposición do público nas oficinas municipais de Trasariz, de 9.00 a 14.00 horas, en día hábiles. Teléfono: 988 40 06 03.

6. Presentación de ofertas: dentro dos quince días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de contratación no DOG e BOP.

7. Garantías: provisoria: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Apertura de ofertas: terá lugar nas oficinas municipais do concello, sitas ne Trasariz, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións, entendéndose que se ese día fose sábado, se pasará ó primeiro día seguinte hábil.

9. Prazo de execución: 4 anos.

10. A documentación que se presentará e os criterios que servirán de base á selección e demais características do concurso figuran establecidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Cenlle, 27 de outubro de 2003.

O alcalde

Rubricado