Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 16 de setembro de 2003, aprobou definitivamente a delimitación do polígono ou unidade de actuación denominado Barraña 1, definido polos eixes das rúas nº 6, 18, 20 e o paseo marítimo de Barraña, correspondente ó ámbito da modificación puntual de Barraña, aprobada polo Concello Pleno en sesión extraordinaria realizada o día 20 de xuño de 2001.

O que se fai público para xeral coñecemento e co fin de que os propietarios interesados presenten

no prazo de vinte días o proxecto de reparcelación, para os efectos previstos no artigo 117 da lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste acordo e sen prexuízo da notificación persoal a cada un dos interesados ou o exercicio de calquera outro recurso que se considere pertinente.

Boiro, 2 de outubro de 2003.

Xosé Deira Triñanes

Alcalde-presidente