Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003, da Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente CP 4/2003.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril), en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Subministracións.

c) Número de expediente: CP 4/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de transporte e recollida de mostras clínicas, probas diagnósticas e documentación dos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol).

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 16-7-2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe total: 90.000 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 19-9-2003.

b) Contratista: Fernando Carreira Transportes, S.L. (Seur).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 90.000 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Ferrol, 30 de setembro de 2003.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol