Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de cinto arterial de abastecemento de auga potable (2ª fase).

Tipo de licitación: 402.953,93 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de catro meses contados a partir do día seguinte ó da acta de comprobación do replaneamento.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9.00 a 14.00, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2, teléfono: 981 59 33 85.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: 8.059,08 euros. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 10.00 horas, o segundo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde