Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o estudio ambiental, a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.A.T. 132 kV D/C subestación Meira/subestación Parque Eólico Meira, concellos de Meira e A Pastoriza, e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 001/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa e estudio ambiental.

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro) sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e estudio do impacto ambiental para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A.

Finalidade: interconexión do parque eólico de Meira e a subestación eléctrica de Meira para evacuación da enerxía xerada no dito parque eólico.

Características técnicas principais:

1. Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV para interconexión da subestación eléctrica de Meira

e a subestación eléctrica do parque eólico de Meira, de 6.585,15 metros de lonxitude composta por dous circuítos con dous conductores por fase LA-280 e cable de terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector electrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto das instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las alegacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, poderanse corrixi-los

erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións da L.A.T. 132 kV D/C sub. Meira/sub. parque eólico de Meira poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo e nos concellos de Meira e A Pastoriza, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta delegación provincial, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 28 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo