Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 17 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica o expediente sancionador OR.INST.CAL 2/2003.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense faille saber á entidade mercantil Instalacións Pabel, S.L. que o 19 de xuño de 2003 se iniciou o expediente sancionador OR.INST.CAL 2/2003, por incumprimento da obriga de presenta-lo certificado da instalación da caldeira de calefacción do edificio sito no nº 71 da rúa Pardo Bazán en Allariz.

A infracción que motiva a incoación do expediente pode sancionarse con multa de ata 3.005,06 euros e dispón dun prazo de dez días para formula-las alegacións e propoñer probas.

Este edicto produce os efectos de notificación previstos no artigo 54.4º da LRJ-PAC do 26-11-1992, tras terse intentado infructuosamente a notificación

no último enderezo coñecido da entidade expedientada.

Ourense, 17 de setembro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL