Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de asistencia técnica.

1. Entidad adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, Inludes.

2. Obxecto: asistencia técnica en materia NTIC (novas tecnoloxías da información e comunicación), no marco do programa de traballo transnacional do proxecto Lugo-Emprende.

3. Orzamento: trinta e seis mil cento oitenta con trinta e oito euros (36.180,38 euros).

4. Prazo de execución: desde a data de adxudicación, ata o 31 de decembro de 2004.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Unidade Xeral de Xestión.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte á publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación para presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10.00 a 14.00 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 243, do 22 de outubro de 2003.

Lugo, 23 de outubro de 2003.

Antonio Muíña Pena

Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo