Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO TAMBRE

ANUNCIO.

Con data do 6 de outubro de 2003 a Xunta de Mancomunidade de concellos do Tambre aprobou o prego de cláusulas administrativas que regula o concurso de subministración dun vehículo de servicio de recollida de lixo.

A seguir publícase o anuncio de licitación:

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Mancomunidade de Concellos do Tambre.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello Negreira.

2. Obxectivos do contrato.

a) Abastecemento dun vehículo para o servicio de recollida de lixo.

b) Lugar de entrega: depndencias do Concello de Negreira.

c) Prazo de entrega: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: importe total 120.000 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Negreira.

b) Domicilio: r/ Carmen, 3.

c) Localidade: 15830 Negreira.

d) Teléfono: 981 88 52 50.

e) Fax: 981 88 53 28.

f) Data límite de obtención de documentación e información: aquela na que remate o prazo de presentación de proposicións.

7. Requirimentos específicos do contratista: son os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro dos 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no último diario no que se publique (BOP e DOG).

b) Documentación que hai que presentar: os relacionados no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Secretaría do Concello de Negreira.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Negreira.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó que remate o praz de presentación de ofertas.

c) Hora: 12.00 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta da empresa adxudicataria.

Negreira, 24 de outubro de 2003.

José Blanco Pazos

Presidente da Mancomunidade de

Concellos do Tambre