Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación, por concurso aberto, da obra de construcción de lavandería e ximnasio xerontolóxico, de conformidade co proxecto redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla.

Para o efecto, aprobou o correspondente proxecto técnico así como o prego de cláusulas administrativas particulares, que se expoñen xunto con este edicto polo prazo de quince e oito días respectivamente, para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Vila de Cruces. Praza D. Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces (Pontevedra). Teléfono 986 58 20 17, fax 986 58 24 92.

Obxecto: obra de construcción de lavandería e ximnasio xerontolóxico.

Tipo de licitación: é o seguinte: 153.012,35 euros.

Modalidade de adxudicación: concurso público e procedemento aberto.

Garantías: a provisional establécese no 2% do orzamento. A definitiva será igual ó 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, das 9.000 ás 13.00 horas, na forma establecida no prego de condicións e durante o prazo de vinteseis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terán lugar ás nove horas do primeiro día hábil seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Vila de Cruces, 6 de outubro de 2003.

Jesús Otero Varela

Alcalde presidente