Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1343/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno na sesión ordinaria con data 18 de setembro de 2003 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, o proxecto de urbanización da zona-3 B do SU-38 do PXOU de 1986, por instancia de José Luis Rodríguez Portugal Maceda en representación de Saogal, S.L. e de Ramón Baceiredo Garrido, en representación de Ragosín, S.L.

2. Someter a información pública o dito proxecto polo prazo dun mes, anunciándoo no BOP e no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de setembro de 2003.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde